Skip to Content

Un Nadal con neve

Este Nadal, ademais dos agasallos de Reis, tivemos outra sorpresa xenial: a neve.

Unha mañá cando nos erguemos vimos un manto branco cubindo o mundo. ¡Que paisaxe tan diferente velo todo nevado!. Os maiores queixábanse do frío e do tráfico, pois os coches non podían circular sen esvarar, moitos non puideron ir a traballar; pero para nós, que aínda estabamos de vacacións, foi o mellor remate antes de volver ao cole.

A maioría de nós nunca viramos tanta neve xunta!. Era un espectáculo ver caer as folerpas a modiño flotando no aire. A pesares do frío que facía fixemos batallas de neve, bonecos con nariz de pau e anxos deitándonos na neve. Pero o mellor foi buscar un plástico para facer unha zorra e deixarse escorregar pola neve. Foi o mellor agasallo de Nadal!

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut