Skip to Content

Nervios no festival de nadal

 Este ano no festival de nadal fixemos unha adaptación da canción "O longueirón" do grupo Mamacabra (do que a nosa titora é amiga e fervorosa admiradora), que nós titulamos "De viaxe".  
  Tratábase de cantar, uns a melodía e outros,  os coros "duduá"; ademais de facer os xestos que acompañaban a canción. A verdade é que non ensaiamos moito, pero a sabiamos bastante ben.
  Cando chegou o momento (que foi axiña, pois actuabamos en 2º lugar), colocámonos como a profe nos dixera. Ela púxose diante do escenario para axudarnos coa canción e os xestos.
  ¡Ábrese o telón!... ¡Vaia mogollón de xente!! Dende alá arriba, parecía que só  nos miraban a cada un de nós e puxémonos un pouco nerviosos; a voz saía baixiña e a profe berrando dende abaixo "!Cantade máis alto!" e facendo os movementos coma unha tola.
  En fin, non estivo mal pero resultamos un pouco medoñentos. No ensaio saía moito mellor. Fáltannos táboas, que dixo a profe, non para facer unha casa nin nada diso; senón para actuar sen nervios. A próxima vez sairá mellor.

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut