Skip to Content

2ª SESIÓN NO HORTO

                   

Por 2ª vez, tivemos a sorte de ter a presenza de Carmen, e nesta ocasión, @s afortunad@s foron as crianzas de 6º EP.

Tiveron unha formativa xornada sobre a reproducción sexual por esporas e sementes e as diversas técnicas de reproducción asexual ou vexetativa como a división de tubérculos das patacas, a plantación de chaviotas agromadas, sobre o uso dalgunhas plantas para a saúde como o tomillo para os oídos, a cebola e a correola para a gorxa, as estrugas para os esguinces, a caléndula para as rozaduras da pel, ...

Plantaron espárragos e patacas e probaron as labazas apañadas directamente da hortaSorriso

      (clica na 1ª foto para ver máis desta xornada)

 

 

 

 



page | by Dr. Radut