DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Dende o CEIP DA RAMALLOSA, ademais do traballo nas aulas, fixemos un acto conxunto para homenaxear á nosa escritora galega máis ilustre; ROSALÍA DE CASTRO
No día 23 de Febreiro, o propio día do seu aniversario, segundo datos notariais, realizamos algunhas actividades:
* Un grupo de gaiteir@s amenizou a xornada polos corredores do centro e durante o recreo
* Plantación de plantas de PENSAMENTOS en recordo da escritora, por ser unha das súas flores favoritas, por parte de alumnado de infantil
- Presentación do acto pola propia Rosalía de Castro (na persoa de Marisa Garea)
- Lectura, por parte de alumnado de 6º de E.P., do manifesto da AELG (asosiciación de escritores e escritoras en lingua galega) elaborado por Beatriz Maceira Abeleira
- Actuación de tod@s cantando e bailando "TERRA" das Tanxugueiras, sendo interpretada por un cuarteto de nenas do colexio (as nosas tanxugueiriñas)
- Interpretación dun grupo tradicional de Ramalloseir@s cos seus instrumentos (gaitas, pandeiretas, tambores, acordeóns, clarinete, violín) tocando un par de pezas galegas
- Actuación do alumnado de 6º E.I., interpretando o retrouso do poema rosaliano "EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO", do libro Cantares Gallegos
- Peche do acto coa Alborada de Rosalía da man de Tomás acompañado ao tambor por Benxa e Sinda
Preme enriba da foto e poderas visualizar outras imaxes deste fermoso día
* Tamén fixemos unha ÁRBORE conxunta, sita na entrada co cole, seguindo a liña do lema deste ano "SEMENTANDO PENSAMENTOS".
As crianzas tomaron a palabra e recolléronse, en forma de nubes, pensamentos e pólas dunha árbore, eses pensamentos, ideas, versos,... que consideraron que tiñan relación coa figura e persoa de Rosalía e o que significou para Galicia; pensamentos que sementou e dos que moito lle agradecemos.
ENTRA AQUÍ NUN FEIXE DE RECURSOS EDUCATIVOS SOBRE A NOSA ESCRITORA. E MÁIS ACTIVIDADES DE AULA DO CENTRO AQUÍ
Programa resumo da celebración do "Día de Rosalía de Castro" (E.I. 5 anos)