AS LETRAS GALEGAS con XELA ARIAS - RADIO TEATRO
Neste ano 2021, queremos conmemorar unha das datas máis significativos para a nosa lingua galega; o 17 de Maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e nesta ocasión, da man da escritora, poeta e tradutora XELA ARIAS.
Para coñecer un pouco da súa vida e obra compartimos diversos recursos clicando no seguinte symbaloo
RADIO TEATRO ESCOLAR
Esta semana das Letras, ESTREA DA SERIE "DESTINO ESCURO". Segue a publicación dos diferentes episodios nas datas indicadas. Poderás escoitalos premendo nas imaxes!!
Ep.1 "A Lenda de Edlemiro" (10-05-21) Ep.2 "A cova segreda" (11-05-21)
Ep.3 "Poderes desafortunados (12-05-21) Ep.4 "Salvación ou perdición" (18-05-21)
"A PATRULLA CANINA SALVA A LINGUA GALEGA"
E O VINDEIRO MARTES 18 de Maio...
ESTREA DA PRIMEIRA ENTREGA MUNDIAL EN GALEGO DA SERIE "A PATRULLA CANINA".
Desta volta, cunha misión ben importante; "A patrula canina salva a Lingua Galega"
Un traballo para fomentar o uso da lingua galega entre os máis cativos/as
Producido, dobrado e musicalizado polos mestres/as do
"Equipo de Dinamización da Lingua Galega" do Centro.
- ESTREA: MARTES 18 DE MAIO -
Está a piques de saír do forno xa
IMAXES DE ACTIVIDADES QUE SE LEVARON A CABO PARA CONMEMORAR ESTA DATA O DÍA 14 DE MAIO:
- XOGOS POPULARES: CADEIRAS MUSICAIS, ZANCOS, ARRASTRAMORTOS, PANO, RELEVOS,...
- A MÚSICA FOI A NOTA DOMINANTE NESTE DÍA DE FESTA E DE XUNTANZA: PASODOBRE de A ILLA (Santa Comba), PASODOBRE de MARFULO (A Laracha), BLUES DA CONVIVENCIA, coplas de MAIO entre outras pezas
A continuación pódese ver algunhas fotos dos distintos momentos e un vídeo recopilatorio das pezas musicais das que gozamos
video recopilatorio
- XANTAR COMPARTIDO, COCIÑADO DENDE O COMEDOR PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, CUN MENÚ ESPECIAL ESCOLLIDO PARA A OCASIÓN (CADA GRUPO COMEU NA SÚA PARCELA OU EN MESAS SEPARADAS, NO CASO DO ALUMNADO DE INFANTIL)
Anexo | Tamaño |
---|---|
LETRAS_GALEGAS_2021.mp4 | 137.42 MB |