Skip to Content

EMOCIÓNS

 Alegría, tristeza, ira, medo … son algunhas das emocións que podemos sentir, especialmente durante estes días nos que non podemos saír da casa. Xestionar as emocións xa é complicado para os adultos e moito máis para os nenos, que aínda non teñen un desenvolvemento axeitado da intelixencia emocional.

 

Por iso, dende o departamento de orientación, ofrecémosvos unha serie de actividades que podedes realizar cos vosos fillos para aprender a identificar, asimilar e controlar as emocións:

 

  • Tarxetas das emocións: as tarxetas pódense empregar tanto para identificar as emocións como para que @s nen@s digan unha situación nas que sentiron esa emoción. Nos arquivos de abaixo, tedes as tarxetas das emocións en castelán e en inglés. Nesta ligazón tendes tarxetas que vós mesmos, cos vosos fillos podedes crear.
  • Debuxos: o debuxo é a forma que teñen os nenos pequenos de expresar o que senten. Pedirlles que se debuxen a eles mesmos nesta situación, sen poder saír da casa, permitiravos descubrir cómo se senten, especialmente no caso dos alumnos que non saben cómo transmitir as súas emocións.

 

  • Quebracabezas das emocións: entre os documentos adxuntos, atoparedes as pezas do quebracabezas. Os nenos poden axudar a preparar dito puzzle, recortando as pezas, ben sexa con tesoiras ou con punzón.
  • Tarxetas de situacións: nesta ligazón, tendes tarxetas con diversas situación que se lle poden expoñer ós nenos para que digan cómo se senten os protagonistas das historias.
  • Emocionómetro: unha idea para expresar cóm onos sentimos cada día, é realizar un medidor das emocións. Pero, como se fai? Para empezar, realizaranse tarxetas con cada unhas das emocións cunha temática que ós rapaces lles guste (se lle gustan os dinosaurios, poden debuxarse dinosaurios tristes, alegres, enfadados...otorgándolle a cada un deles unha cor diferente) Unha vez que xa temos as tarxetas, colocaranse nun lugar da casa, de xeito que todos os días, os nenos poidan acudir a elas, ben sexa ó principio do día ou ó final (ou en ambos momentos) para marcar cómo se senten (cunha pinza pequena, un post-it...)    

  • Tarro dos soños: cada día, escribirase nun papel un plan que non se poida realizar agora e que se bote de menos para, posteriormente, doblalo e introducilo no bote. Se se realiza esta actividade entre toda a familia, o que sería moi recomendable, en cada papel poñerase, por fora, o nome da persoa que o escribiu. O bote abrirase unha vez finalizado o estado de alarma, de xeito que se recorde todo o que consideramos esencial e o realicemos.

 

 

 

Iremos poñendo máis actividades, así como vídeos, películas e contos para traballar as emocións.

Se precisades axuda porque non sabedes ben cómo levar a cabo algunha das actividades ou requerides de consello para tratar algún tema ou axudar ós vosos fillos coas tarefas escolares, quedamos á vosa disposición.

 

 

AnexoTamaño
TARJETAS EMOCIONES PARA IMPRIMIR ESPAÑOL.pdf453.37 KB
TARJETAS EMOCIONES PARA IMPRIMIR INGLES.pdf453.47 KB
puzzle emociones.pdf244.53 KB

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut