Responder ao comentario
SEMANA 26-30 SETEMBRO
AO LONGO DESTA SEMANA SEGUIMOS TRABALLANDO CON DISTINTAS PROPOSTAS COMO AS SEGUINTES:
-- INICIAMOS COA PROPOSTA DE SER ENCARGAD@ CADA DÍA, QUE TEN COMO TAREFAS: PASAR LISTA SAÚDANDO A CADA COMPAÑEIR@, CONTAR CANTOS ESTAMOS NA AULA E SE FALTA ALGUÉN, SINALAR A DATA NO CALENDARIO E O TEMPO METEREOLÓXICO. E TAMÉN DEBE IDENTIFICAR O SEU NOME ENTRE VARIOS E LOGO COMPOÑELO CON LETRAS MÓVILES, TENDO INCLUSO QUE DISCRIMINAR AS QUE SON E AS QUE LLE SOBRAN
-- ENCHER - BALEIRAR ARROZ USANDO CULLER, FUNIL, BOTES
-- IDENTIFICAR E BUSCAR POLA AULA OBXECTOS DE FORMA CIRCULAR. LOGO DIALOGAMOS E ANALIZAMOS SE CUMPLEN A CUALIDADE
-- IDENTIFICAR E DISCRIMINAR A VOGAL "O" NOS SEUS NOMES, AGRUPAR CALES TEÑEN E CALES NON TEÑEN, E CANTALOS.
-- SEGUIMOS LENDO CONTOS NOS QUE APARECEN ANIMAIS, UN DESTA SEMANA FOI "OS TRES PORQUIÑOS", EDITORIAL OQO.
XOGAMOS A ADIVIÑAR UNHA IMAXE QUE SE ÍA PROXECTANDO NA PIZARRA; AS CRIANZAS ÍAN COMENTANDO DE QUE SE TRATABA E ÍAN BEN ENCAMIÑAD@S, POIS FINALMENTE ADIVIÑARON QUE SE TRATABA DUN LOBO. DESPOIS CADA CRIANZA DEBUXOU O SEU LOBO OBSERVANDO AS DISTINTAS PARTES DO SEU CORPO E TAMÉN TIÑAN QUE COMPOÑER O SEU NOME, NESTA OCASIÓN TIÑAN AXUDA DA PALABRA DADA, TENDO QUE IDENTIFICAR CAL LETRA ERA E A SÚA ORDE (APROVEITAMOS A FACER USO DA TESOIRA PARA RECORTAR AS LETRAS ANTES DE ORDEALAS E PEGALAS)
-- SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE: UNHA PROPOSTA ERA DUN XOGO DE EQUIPOS, ONDE TIÑAN QUE IR RECOLLENDO PELOTAS E CORRENDO, DEPOSITALAS NUNHA CAIXA AO FINAL DE CADA FILA- RESULTOU UN POUCO DIFÍCIL ENTENDER AS NORMAS DO XOGO PORQUE ERA A PRIMEIRA VEZ, PERO PASÁMOLO BEN IGUAL. E DESPOIS XOGAMOS LIBREMENTE CON PELOTAS DE ORELLAS