Skip to Content

Responder ao comentario

MAGOSTO MAGOSTO!!!

A festa do MAGOSTO volveu festexarse nun día fermoso de sol; o veraniño de San Martiño cumpliuse nesta ocasión.

Degustamos unhas ricas castañas asadas, grazas á colaboración de mestres (que asaron as castañas), nen@s maiores (que recolleron as castañas e a leña polas aulas e picaron as castañas mercadas polo centro) e familias que aportaron dende as casas, as castañas para este magosto.

* Pero cantas castañas aportou o noso grupo para asar???

Puxemos en acción o conteo numérico, fixemos grupos de decenas e logo realizamos o reconto:

--- xuntamos 48 decenas e 9 unidades, é dicir, 48 x 10= 480 / 480+ 9= 489 castañas

APOIÁNDONOS NA SERIE NUMÉRICA, FOMOS CONTANDO GRUPOS DE 10 ATA CHEGAR A 100, LOGO CONTAMOS AS CENTENAS  E UNÍMOS AS DECENAS E UNIDADES 

E ESTA ACTIVIDADE PERMITIU INTRODUCIR A OPERACIÓN DE MULTIPLICARSorprendido

* DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS E BAILE

 

 

*APROVEITAMOS A TISNAR O NARIZ

*Tamén participamos en distintos xogos populares como os aros musicais, os zancos, as pelotas saltarinas ou a papa castañas

 

   

     

     POR MOITOS MAGOSTOS MÁIS!!!

Responder



by Dr. Radut