Skip to Content

Responder ao comentario

PÉCHASE O TELÓN

O FILLO DO HOME, A NOSA INSPIRACIÓN.

Como colofón, pechamos o círculo cunha nova proposta surrealista inspirada no cadro de Rene Magritte, O fillo do home que podedes ver na imaxe despois do texto e que parece que era un autorretrato do autor que adoitaba vestir desa maneira. No noso caso en lugar dunha mazá, decidimos traer un obxecto significativo para ocultar o rostro.

Para deixar constancia dese intre, fotografiámonos e imprimíronse os posados.

E a partir de aquí, comezamos a crear e interpretar ao noso xeito a nosa obra. Como veredes, realizamos dúas actividades utilizando unha copia en cor e outra variación coa fotografía en branco e negro,

No primeiro caso, utilizando a técnica de collage, recortamos a nosa silueta da imaxe ata a cintura, utilizando distintos recortes de revistas de moda, de roupas e complementos como o calzado e ao igual que Magritte, un sombreiro e fixemos a composición nunha cartolina A4.

Coa copia en branco e negro, copiamos o mesmo proceso de recortar a silueta ata a cintura e pagala noutra cartolina pero nesta ocasión, pernas, roupas, sombreiro e calzado foron debuxados.

E para facer unha xeitosa presentación de ámbalas dúas obras, pegáronse a modo de díptico nunha cartolina de cor.

Mirade aquí neste enlace ou na imaxe do cadro, todo o proceso e o resultado final.

 

E nesta outra imaxe ou premendo aquí,  veredes ese momento inmortalizado na fotografía. 

Responder



by Dr. Radut