Skip to Content

Responder ao comentario

A pequena Bauhaus

A PEQUENA BAUHAUS RAMALLOSEIRA

Somos conscientes de que chegamos un poco tarde pero non queriamos deixar de facerlle o noso pequeno e humilde tributo a esta escola de arte que estivo de  100 aniversario o ano pasado e que revoluciounou o mundo artístico: Arte, deseño e tecnoloxía aplicado a diferentes disciplinas.  A Bauhaus, que significa constrír, nace na cidade de Berma en Alemania da man do arquitecto, urbanista e deseñador,  Walter Grupius.

As súas características principais eran:

- Arte, deseño e tecnoloxía aplicado a diferentes discplinas.

- Revolucionaron o mundo do deseño e da arte en xeral. Pintura, debuxo, arquitectura, artes gráficas, deseño textil, mesmo fotografía. 

- A concepción dunha obra total.

- Adaptan o deseño e a tecnoloxía ás necesidades da poboación. Principio de funcionalidade.

- Utilizan formas xeométricas básicas e liñas rectas e paralelas e como dispoñelas no espazo, que lle dan un aire de modernidade. 

- Sobriedade do seu espírito. A simpleza e o pragmatismo eran sinais de identidade.

Logo desta introdución, comentarvos que fixemos os nosos exercicios de quecemento no primeiro trimestre coas actividades que xa compartimos neste mesmo blog de Arte en acción ou Action painting e Pouring ou arte fluída, pois tamén consideraban a importancia da expresión persoal, corporal e movemento na obra.

 

Agora deixámosvos coas novas creacións inspirados nesta escola.

COMPOSICIÓNS EN VOLUME CON FIGURAS XEOMÉTRICAS.

Logo dos collages feitos sobre papel con siluetas de figuras xeométricas, pasamos do plano ao volume. Nesta ocasión utilizamos distintos materiais da mesa da luz e das pezas de construción. Como comprobaredes a moitas delas déronlle incluso un título. Aquí e premendo na fotografía, queda mostra de esta actividade efímera.

 

 

 

 

 

COMPOSICIÓNS SOBRE PLANO CON FIGURAS XEOMÉTRICAS.

Realizamos siluetas en papel con formas xeométricas translúcidas e con pezas de construción, recortamos e pegamos en papel e puxémoslle título.

Mirade aquí ou na fotografía, que variadas quedaron as nosas producións, desde máis figurativas a máis abstractas.

 

DEBUXOS LIBRES CON FIGURAS XEOMÉTRICAS.

Tal e como xa comentamos, utilizaban formas básicas xeométricas e liñas rectas e curvas cunha idea de simplicidade total. Claros exemplos son Wassily Kandisnsky e Paul Klee, mestres da escola na súa primeira etapa.

A modo de introdución, e logo de familiarizarnos con distintas figuras xeométricas, creamos pequenos debuxos libremente.

Mirade na foto ou aquí o resultado.

 

 

Responder



by Dr. Radut