Responder ao comentario
CURSO 19-20
Para ir quencendo motores, iniciamos a nosa andaina, como non podía ser doutra maneira, expresándonos creativamente a partir de distintos materiais. Coñecemos e exploramos as posibilidades do material novo adquirido grazas á colaboración da ANPA. Tamén realizamos debuxos con distintos tipos de pintura como acuarelas, témperas, ceras acuarelables...
Clica aquí ou na fotografía para ver as nosas primeiras artistadas.
RETRATOS CON FONDO DE ACUARELA
Como ben sabedes, un clásico que non pode faltar ao comezo de curso é que nos representemos nun exercicio de autocoñecemento. Este ano, cuns fondos libres onde experimentamos con acuarelas, debuxamos o noso autorretrato de corpo enteiro cun rotulador negro. Así nos vimos. Clica na imaxe para ou aquí para ver moito máis.
POURING. ARTE FLUÍDA
Así é como se chama esta técnica coa que experimentamos con materiais como acrílicas e témperas, auga e papel fotográfico. Poco máis que explicar se vedes o proceso nas fotografías que vos deixamos. Mirade que psicodélicas quedaron as nosas producións clicando aquí ou na foto.
PINTURA EN ACCIÓN OU ACTION PAINTING.
Intentando emular a pintura abstracta expresionista do célebre artista Jackson Pollock, na que entre outras características ten a de traballar o grande formato e onde a superficie forma parte dun todo coma se fose un campo aberto onde se aparexe toda a pintura. Nós fixémolo colectivamente nunha saba por grupos de traballo e contamos tamén coa colaboración especial de tres profesoras da Escola de Maxisterio. premede aquí ou na fotografía para ver o proceso.