Skip to Content

5º primaria

Radio Arrabal #10

Esta semana fomos de excursión aos estudios de RNE -RN5 de Vigo. Alí ensináronnos como se traballa de forma profesional e poidemos facer as nosas primeiras prácticas.  

 

 

Pincha aquí para escopitar o noso décimo programa. Esta semana falamos de Emma, a borrasca que está azotando as nosas costas, de neve, da saída que fixemos ao museo do mar para visitar o Pergamiño Vindel, da Arribada e do descubrimento de América e moito máis nas nosas seccións.

Radio Arrabal #9

Noveno programa da Radio Arrabal. Esta semana celebramos o Día Internacional da Radio que este ano ten como temática "A radio e o deporte". Por ese motivo entrevistamos a Toni Liébanas o último gañador da VigBay 2017. Tamén falamos dos Xogos Olímpicos de inverno que se están a celebrar e tivemos as as seccións habituais de cada semana:novas, deportes, o tempo, concurso, tarta de obleas, chistes e moitas risas, música, Día Internacional da Radio, entrevistas e axenda. Para escoitar o programa número nove pincha no enlace. Moitas gracias por escoitarnos!!!

Pincha aquí

EXCURSIÓN A VIGO

O martes pasado o alumnado de 5º e 6º foi de excursión a Vigo. Ali fixeron un par de visitas, unha aos estudos de RNE 5 (radio nacional de España, radio 5) e outra ao MdoM (museo do mar de Vigo).

En Radio 5 coñecemos ao director, ao locutor de deportes e os técnicos de son. Explicáronnos a historia da radio, o funcionamento da parte técnica e a maneira de falar diante dos micrófonos. Saímos tan emocionados que de maiores queremos traballar todos na radio. Agora estamos moito máis motivados para seguir adiante coa radio Arrabal.

Despois fomos merendar á praia que hai ao lado do museo do mar. Entramos no museo para ver o pergamino Vindel, coas explicación da monitora nos demos conta do tesouro medieval que tíñamos diante. Unha maravilla de manuscrito, coas cantigas de Martín Códax e a súa representación musical.

Voltamos ao cole contentísimos do moito que aprendimos e con ganas de facer unha nova excursión canto antes.

 

CLICA na imaxe para ver máis fotos.

 

  

lanzamento de xavelina

VISITA DUNHA LANZADORA DE XAVELINA AO NOSO COLEXIO

Marta Míguez visitounos o martes 6 de febreiro, na 4ª hora, mentres estábamos en educación física. Estábamos a facer botes co balón de baloncesto, entrou no ximnasio e explicounos como tiraba a xavelina. Como no ximnasio non temos xavelina, lanzou o vórtex. Logo tiramos nós o vórtex por grupos. Foi xenial!

    

 

Marta Míguez Telle, nada en Louredo (Cortegada) o 3 de marzo de 1973 é unha atleta galega xa retirada que competía na disciplina de lanzamento de xavelina.

Competiu representando a España tanto nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, coma nos Xogos do Mediterráneo, no ano 2001 en Tunisia, e os Campionatos do Mundo de Atletismo do 2002 en Madrid

A súa mellor marca persoal é de 59,43 metros, acadada en xullo de 2001 en Valencia, que é ademais o récord galego da especialidade.

Unha vez retirada tivo actividade na xestión deportiva. Foi nomeada xerenta do Consello Municipal de Deportes de Ourense en 2002, posto que ocupou ata 2007, e unha década máis tarde, en 2016, foi nomeada Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a máxima autoridade política en materia de deporte en Galicia, en substitución de José Ramón Lete. (wikipedia)

Visita de Adrián

VISITA DE ADRIÁN 

Un atleta e o seu adestrador veñen ao noso cole a contarnos a súa experiencia.

Adrián Pérez Souto, 100 ml en 10”58

200 ml en 21”78

 

 

 

ADRIÁN PÉREZ SOUTO é un mozo nacido o 27-3-1994 (23).

 

É un atleta que compaxina os entrenos e competiciónscosseus estudios de Ciencias da Educación Física e dos Deportes.

 

Foi moi interesante a charla que tivemos con él e o seu entrenador e lle fixemos todas estas preguntas:

 

Cantos anos levas correndo como atleta?

Cando adestras, alghuna vez superaches o teu recor?

En que ximnasio adestras?

Que te motivou para ser atleta? Por que quiseches ser atleta?

Cantas horas adestras ao día?

Que marca fixeches na túa primeira carreira oficial?

Canto tempo fai que empezaches a competir?

Cansan moito os teus adestramentos?

De pequeno xa querías ser atleta?

Cando perdes ainda te presionas máis que de costumbre?

Adestras tódolos días?

Para que utilizas o paracaídas nos adestramentos?

Por que os videos están a cámara lenta?

Por que che gustan tanto os deportes?

Como te sintes antes de empezar unha carreira?

Cantas copas gañaches?

Cantos anos levas con Humberto?

Onde foi a túa primeira competición?

 

A cantos sitios fuches grazas ao atletismo?

 

Taller de comunicación a través da radio

O alumnado de 5º e 6º está a realizar un taller de comunicación. Tódolos mércores do 2º trimestre xúntanse con Patricia Muñoz Raña para estudar a radio como ferramenta de comunicación e aprendizaxe.

Patricia é freelance de comunicación turística, especializada no turismo cultural e patrimonial. Como redactora para diferentes medios ten moito que contarnos acerca dos medios de comunicación. https://labrujulamareada.com/

O obxetivo deste taller é aprender dende o descubrimento e ao mesmo tempo buscamos estimular a curiosidade e o espíritu crítico, boa falta fai para filtrar toda a información que nos bombardea na actualidade.

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o moito que estamos aprendendo.

     

     

SAMAÍN 2017

O SAMAÍN chegou e a sangue nos conxelou.

Polo cole apareceron, catrinas, bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos...a festa estaba servida.

Comezouse a escoitar unha marcha fúnebre e o alumnado de 4º coa súa comparsa foi invitando aos distintos cursos a visitar o "pequeno museo do terror". Alí os nenos e nenas de 5º e 6º deixáronnos tremendo de medo coa súa exposición terrorífica.

Co medo no corpo chegou a hora de comer...sesos?, sangue?, tripas humanas?, noooo!!! Foi unha merenda riquísima preparada polos pais e nais e que devoramos como lobos e lobas.

Despois chegou a hora de facer as fotos e bailar ao ritmo da música siniestra. Que día máis divertido!

Aquí tedes unhas cuantas fotos para disfrutar e recordar.

Aquí quedan os videos da festa e do "Museo dos pequenos horrores". 

 

EXCURSIÓN A VIGO

Que divertido é visitar unha gran cidade. E si non pregúntenlle ao alumnado de 4º, 5º e 6º.

O pasado martes acudiron a Vigo para ver unha obra de teatro e dar un paseo polo parque de Castrelos.

Aquí vos deixamos unhas fotos cos mellores momentos.

 

 

 

 

 

 

 

MAGOSTO 2017

 

Aproveitando este outono cálido celebramos o Magosto antes de que fora San Martiño.

 

Como tódolos anos o sitio para celebralo foi o curro da Valga. Alí disfrutamos cos amigos e amigas do cole. Xogamos, comemos e fixemos as cabañas.

 

Xa pola tarde chegamos ao cole tiznados e felices como perdices.

 

Aquí tedes unhas cuantas fotos onde se ve o ben que o pasamos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN DE 6º E. PRIMARIA. FIN DE CURSO 2016-2017

 

         
 

VIAXE A MADRID

        

 

 

Visita cultural, con distintas rutas pola cidade e museo do Prado; de multiaventura con tirolinas en Cercedilla e

tamén de ocio, no parque da Warner

 

MOMENTOS DA SAÍDA

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut