Skip to Content

5º primaria

Radio ARRABAL #20

Vixésimo programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP Mestre Manuel García. Programa especial sobre o Día Internacional da Muller Traballadora. A piques de superar todas as marcas, o equipo da radio do colexio fai un esforzo extra e tráenos un programa superior cheo de contidos interesantísimos. A voar e participar nas ondas do Arrabal!!!!

 

BOXEO

Hoxe na clase de Educación Física de 5º tivemos unha visita inesperada. Visitounos Ignacio o perruqueiro do Rosal, un bo amigo que nos fixo un adestramento de boxeo. Aprendimos diferentes técnicas e melloramos un pouco máis a nosa forma física. Deixamos pendente outra visita de Ignacio na que fagamos un pouco de boulder que sabemos que a él tamén lle gustan os deportes de aventura.

RADIO ARRABAL #16

Décimo sexto programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García. Coma sempre moitos contidos interesantes e de actualidade. Por certo, non vos esquezades de participar no concurso que se achegan as datas de entregar os premios. Animádevos a participar!!!

Radio ARRABAL 15

Décimo quinto programa da Radio Arrabal deste curso 2020-2021. Programa especial con moitos contidos sobre o día da Paz e a non violencia. A voar nas ondas do Arraballll!!!!

 

Radio ARRABAL #14

 

Primeiro programa do ano e décimo cuarto deste curso 2020-2021. Debido á situación que estamos a vivir tivemos que facer algún cambio pero seguimos ca esencia principal da radio. Esta semana moitos contidos e concurso dobre. Atentos e animádevos a participar. A voar nas ondas do Arrabal!!!!

Mensaxe en código morse:

 

FESTIVAL DE NADAL 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

 

O Camiño de Santiago, ciencias 5º

Este é o traballo que fixo o alumnado de 5º para estudar o camiño de santiago, en canto mellore o tempo farémolo a pé.

CLICA NO FICHEIRO ADXUNTO

Radio ARRABAL 10

Décimo programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP Mestre Manuel García. Programa especial con música en directo a cargo do músico guardés Bruce Grinn. E coma sempre contidos moi interesantes: novas de actualidade, deportes, receitas riquísimas, cancións dos peques de 5 anos, ciencia cas nenas de terceiro, información do tempo, da biblioteca e moita, moita diversión!!! Ahhh, non esquezades de participar no gran concurso da Radio Arrabal. A voar polas ondas do Arraballlllll!!!!

Radio Arrabal #9

Noveno programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García. Coma sempre contidos actuais e con moita marcha. A voar nas ondas do Arrabal!!!!

Radio ARRABAL #8

Novo programa da Radio Arrabal e cada con máis seccións e novos contidos. Esta semana estreamos "Personaxes da semana" e "Videoxogos", dúas seccións de total actualidade. E atentos tamén ao concurso, esa sección oculta que repartirá grandes premios!!!! A voar coas ondas da Radio Arrabal!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut