O alumnado de segundo de primaria sigue á procura de espacios naturais dentro do colexio. Fixeron unhas trampas para capturar osíxeno en forma de xardín vertical.
Empezaron por sementar CALÉNDULAS, CARAVEL E PENSAMIENTOS de semente. Cando saíron as plantas fixeron o transplante en botellas de auga, recicladas do comedor. Por fin podedes velas no primeiro piso penduradas do pasamáns, están preciosas!
Animádevos a seguir o exemplo. Buscade unhas plantiñas que vos gusten, plantádeas na vosa aula e despois buscámos donde facer outro xardín vertical.
Álbum: CURSO 2023-24 -> XARDIN VERTICAL 2º