O CEIP Mestre Manuel García aposta por visibilizar e pór en valor as mulleres da nosa sociedade coa finalidade de recoñecer o seu rol político, social, artístico, científico e cultural.
Deste xeito, o alumnado de 2º e 4º de E.P. guiado polo equipo docente, traballarán baixo o paraugas do Proxecta + “Donas de si”. A nivel de centro, denominamos ao noso proxecto “Valiosas” posto que todas e todos estamos rodeados de mulleres valiosas.
Ao longo do presente curso desenvolveremos varias iniciativas e actividades que contribúan a acadar os obxectivos do noso proxecto.
A primeira delas, comezou no mes de outubro e prolongarase ata o final do curso, consiste en amenizar os intercambios de clase con cancións nas que se visibilice a diferentes artistas así como o gran labor que desenvolven para a tan ansiada igualdade.
A continuación poden observar a música escollida para o mes de novembro:
Na biblioteca do cole, situáronse os QR relativos as cancións de cada mes, de xeito que os distintos membros da comunidade educativa poidan efectuar unha ruta sonora.
Anímaste?