Skip to Content

Libros de texto

LIBROS DE TEXTO 2024-2025

 O alumnado de 1º e 2º de primaria emprega libros funxibles. Dependendo da renda poden recibir un vale de 240€, un vale de 160€ ou nada. Debedes encargalos na librería ata o día 25 de xullo, xa que os libros de matemáticas veñen dende Tenerife e se reciben todos xuntos nun envío durante agosto.

O alumnado de 3º e 4º de primaria emprega libros do fondo que hai no centro. Dependendo da renda poden recibir o lote enteiro de 6 libros, medio lote de 4 libros ou ningún. No caso de recibir 4, debedes mercar os libros de CCNaturais e CCSociais. O caderno de inglés é funxible polo tanto todo o alumnado ten que mercalo.

O alumnado de 5º e 6º de primaria dispoñen do programa Edixgal e de libros de consulta na aula.

  

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA

ADQUIRIR LIBROS DE TEXO E MATERIAL ESCOLAR

 

Informamos que está aberto o prazo de solicitude para a participación no fondo solidario de libros de texto para os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria, axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º e axudas para adquirir material escolar para 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, para o curso que vén. 

O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de xuño de 2024.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN

1. A través da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros)

- No centro

- Sede electrónica (https://sede.xunta.gal)

 

2. Presentación presencial no centro. (Formulario ED330B)

  

                    

 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B). 

LIBROS DE TEXTO: 2022-2023

Actualización do ISBN do caderno de Lingua Galega de 4º de Educación Primaria:

 

 

LIBROS DE TEXTO: 2022-2023

 

(ACTUALIZACIÓN  7/7/2022)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Informamos que está aberto o prazo de solicitude para a participación no fondo solidario de libros de texto para os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria, axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º e axudas para adquirir material escolar para 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educacón Primaria.

A solicitude será única para todos @s fill@s que estean escolarizados no centro para o curso 2021-2022.

* O prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de xuño de 2021.

PRESENTACIÓN

1.- Na aplicación FONDOLIBROS (www.edu.xunta.es/fondolibros). Poderán presentala no colexio, ou ben directamente na Sede Electrónica (http://sede.xunta.gal)

ou

2.- Cubrindo a solicitude impresa e presentándoa no colexio.

 

Prema no seguinte enlace para máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_gl.html ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut