Skip to Content

educación física

ATLETISMO XOGADE 24/25

O alumnado de 4º de primaria apuntouse ao programa XOGADE: ATLETISMO ESCOLAR.

A semana pasada visitounos o monitor de Atletismo que nos ensinará as distintas modalidades e adestramentos do atletismo. O primeiro o quecemento, coma sempre. Despois técnica de carreira e remudas. Quédanos pendentes os saltos e lanzamentos. Todo un reto de aprendizaxe deportivo.

Adiante co atletismo!!!

   
   

ESCOLAS DE BALONMÁN DO NOVÁS/GUARDÉS

Comeza a tempada e os equipos de balonmán da bisbarra, o Novás e o Guardés, tamén queren compartir os seu deporte co alumnado do noso cole. Viñeron a ensinarnos as normas básicas deste bonito deporte. Fixemos tamén uns xogos de cooperación para facer equipo. E por suposto botamos un partidillo divertidísimo. Veña, a xogar!!!

CAMPO A TRAVÉS

Este ano a meteoroloxía deixounos celebrar a carreira de CAMPO A TRAVÉS na data prevista, sin aplazamentos. Foi unha xornada estupenda de convivencia cos coles da bisbarra, nun entorno excepciónal como é a Foz do Miñor, en Sabarís e condicións óptimas para correr a tope.

Un exitazo!!!

No album tedes algunhas fotos para a lembranza. En canto teñamos os resultados difundirémolos tamén. Felicitacións a todxs e non deixedes de facer deporte.

Álbum: CURSO 24-25 -> CROSS ladeira

DEBERES PARA O VERÁN

Para que non vos aburrades estas vacacións, aquí tedes os deberes para este VERÁ,. Na lista de traballos atopamos:

  • Reducir o peso da mochila, o exceso de peso te pode perxudicar co paso do tempo.
  • Facer sempre o quecemento para evitar problemas ao facer exercicio.
  • Facer algo de deporte para estar sanos e felices.
  • Ler un libro para axilizarnos ao ler e activar a mente.
  • Relaxarnos e durmir o tempo precis para estar despexados cando teñamos que facer outras actividades.

Pois eses son os deberes para o Verán, Falando de Verán... Desexovos unhas increibles vacacións. ADEUS!!!

COMPETICIÓNS DE 5º E 6º - TERCER TRIMESTRE

O alumnado do terceiro ciclo, neste tercer trimestre, está a organizar unhas competicións deportivas autoxestionadas e colaborativas. Trátase de pornos en forma xogando a algúns dos deportes que despois terán que practicar na ESO: BALONPÉ, BASKET 3X3, BRILÉ e BÁDMINTON.

Coa práctica deportiva aprenderemos a gañar e perder, favorecer aos que máis o necesitan e organizar unha actividade lúdica. Está sendo todo un éxito e aínda nos quedan moitos partidos para disfrutar e aprender xogando. Contamos contigo, veña, a xogar!!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> COMPETICIÓNS 5º e 6º

BÁDMINTON PARA PROFES

O mes de maio os profes aproveitan para porse en forma practicando un deporte moi popular no noso cole: o bádminton.

Os martes na hora do recreo temos reservado o pavillón para xogar uns partidiños e compartir experiencias deportivas. Aquí deixamos as primeiras fotos pero seguide atentxs que faremos moitas máis.

Álbum: CURSO 2023-24 -> BADMINTON profes

ATLETISMO E VOLEI no ifevi con 4º e 5º

Chegou o momento dos encontros escolares de XOGADE. Despois de prepararnos duramente para ser unhas boas xogadoras de volei e uns atletas estupendos, fomos ao IFEVI para xuntarnos cos outros coles que participan no programa. Compartimos  experiencias, carreiras, partidos e merendilla. Aprendemos a que o importante non é gañar senón participar e divertirnos. Agora xa temos moitas amigas e amigos dos outros coles da bisbarra. Adiante co deporte!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> IFEVI 4º_5º

VISITA AO MOSTEIRO DE OIA

O pasado luns, 15 de abril, o alumnado do colexio saíu a explorar a contorna. Nesa exploración parámonos no MOSTEIRO DE OIA. É o patrimonio máis representativo do noso pobo e non podíamos deixar de visitalo. 

Acompañadxs por guías fomos descubrindo os seus segredos, beleza e historia. Este mosteiro, onde nace Oia, trátase do único mosteiro cisterciense situado ao carón do Atlántico. E dende 1931 goza da maior protección legal en materia de patrimonio histórico.

Sin dúbida será unha visita que repetiremos tódolos anos para por en valor o noso pobo. Aquí tedes algunhas fotos e un enlace onde atopar información desta fantástica visita. 

Clica na imaxe para saber máis sobre o mosteiro

 

Álbum: CURSO 2023-24 -> VISITA AO MOSTEIRO

PISCINA 2024

Volvemos a tirarnos á piscina co alumnado de 5º e 6º. Durante as clases de Educación Física, os martes, colleremos o autobús para ir a clases de natación na piscina de A Guarda. Feernando, Laura e Ana, son as monitoras que nos ensinarán a nadar en todos os estilos. Facemos moito deporte e reulta unha experiencia moi educativa. A nadar!!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> PISCINA 5º, 6º

NOVO CURSO 2023-2024

Xa chegou setembro e a VOLTA AO COLE. Como tódolos anos dende a área de educación física lanzamos o reto de mellorar coa actividade física e o deporte. Este ano comezamos cos xogos populares inventados polas nenas e nenos.

Aquí as fotos dun dos xogos AS ESTATUAS DOS OIADORES.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut