Skip to Content

1º primaria

Radio Arrabal Fin de curso XUÑO 2024

Ultimísimo programa da Radio Arrabal deste curso 2023-2024. Despedida, un pouco de música e entrega de premios do gran concurso da nosa radio. Noraboa a tod@s @s premiado e moitas gracias por participar. Para o ano que ven moito máis e mellor. Agora toca descansar e escoitar os progrmamas anteriores e buscar novos retos. Feliz verán desde a radio máis molona de todo o Baixo Miño.

A voar nas ondas da Radio Arrabal!!!!

PRIMEIRA COLLEITA DA HORTA

Xa vai rematando o curso e as baixadas á horta. Despois de tantos traballos durante todo o ano ahora toca recoller os productos. Menuda sorpresa levou Isa (a cociñeira do cole) cando lle chegamos con todo aquelo. Nas fotos veredes a recompensa que nos deu a nosa horta por coidala tanto.

Álbum: CURSO 2023-24 -> colleita horta

EXPLORANDO NA HORTA

Os oiadores e oiadoras de primeiro de primaria siguen traballando na horta e mentras escabichan e regan descubren bichiños moi interesantes.

Desta vez foron MIÑOCAS e CEMPÉS os que vimos. Observámolos con atención é coidado xa que son moi importantes para a terra.

Xa estamos con ganas de que empecen a saír as nosas verduriñas. Si pasades por alí, veredes algunha bastante crecida e outras casi listas para a recolección

.

VISITA AO MOSTEIRO DE OIA

O pasado luns, 15 de abril, o alumnado do colexio saíu a explorar a contorna. Nesa exploración parámonos no MOSTEIRO DE OIA. É o patrimonio máis representativo do noso pobo e non podíamos deixar de visitalo. 

Acompañadxs por guías fomos descubrindo os seus segredos, beleza e historia. Este mosteiro, onde nace Oia, trátase do único mosteiro cisterciense situado ao carón do Atlántico. E dende 1931 goza da maior protección legal en materia de patrimonio histórico.

Sin dúbida será unha visita que repetiremos tódolos anos para por en valor o noso pobo. Aquí tedes algunhas fotos e un enlace onde atopar información desta fantástica visita. 

Clica na imaxe para saber máis sobre o mosteiro

 

Álbum: CURSO 2023-24 -> VISITA AO MOSTEIRO

EXPLORANDO A AGRICULTURA EN OIA

Xa temos a horta do cedo en marcha. Despois de preguntar aos máis experimentados do lugar (pais, nais, avos e avoas, veciñxs e demáis) tomamos nota dos seus consellos e puxémonos a traballar. Ainda que a meteoroloxía non é moi boa as plantiñas van crecendo, temos que seguir estudando para que ao final teñamos unha boa produción de verduras e hortalizas.

IMOS ALÓ!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> HORTA DO CEDO 2024

VISITA AO MARCO EN VIGO

O pasado venres, os nenos e as nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria, puidemos ir de visita ao Marco en Vigo a coñecer máis a Juan Giralt, e facer obras de arte baseadas na súa técnica.

ENTROIDO 2024

Este venres, 9 de febreiro, celebramos o Entroido todxs xuntxs no cole. Comemos lambonadas típicas deste tempo e para baixar tanta caloria, fomos bailar e disfrutar desta tradición tan querida. Por mor do mal tempo houbo que suspender o desfile polas rúas do Arrabal e as familias non poideron asistir. Quedamos no pavillón e aquí tedes unhas fotos para o recordo.

Álbum: CURSO 2023-24 -> ENTROIDO 2024

MAZAIRA PORTA DE LOJA

Regalaronnos unha mazaira do tipo porta da loja (Malus Domestica). É de orixe portugués e ten o seu orixe no norte do país veciño, concretamente en Braga. É unha mazá das variedades tradicionais, unha variedade antiga. É unha árboré de produción tardía que madura a finais do outono. 

De momento está nun macetón para que a vaimos coñecendo pero despois teremos que buscarlle un sitio para que teña terra suficiente e poda crecer.

Distribuir contido


by Dr. Radut