Regalaronnos unha mazaira do tipo porta da loja (Malus Domestica). É de orixe portugués e ten o seu orixe no norte do país veciño, concretamente en Braga. É unha mazá das variedades tradicionais, unha variedade antiga. É unha árboré de produción tardía que madura a finais do outono.
De momento está nun macetón para que a vaimos coñecendo pero despois teremos que buscarlle un sitio para que teña terra suficiente e poda crecer.
Xa temos a nosa horta a producir. Empezamos co horto do cedo que se planta no inverno e se recolle na primavera. Plantamos leituga, cebola, acelga, coliflor, repolo, brecol e patacas. Agora necesitamos sol e que crezan.
Si queredes participar no proxecto consultade co alumnado de 1º e 3º, elxs foron os agricultorxs.