Skip to Content

1º primaria

Xogos Didácticos

Que sorte cando fai un pouquiño de sol e podemos saír a fóra e aprender xogando xuntos, axudándonos, pensando en grupo, e descubrindo o mundo doutros modos. 

Taller de sombras

Unha fermosa mañá os raios do sol entraron na nosa aula coma sempre, pero dunha forma moi diferente.

Esta vez a luz dirixiuse a unha camiseta con abelorios e miles de reflexos luminosos recorreron o chan, o teito, as paredes e mesmo as nosas caras e corpos. 

Rapidamente abrimos as fiestras de par en par e deixamos que toda a luz ateigara a nosa clase.

Desfrutamos experimentando e analizando como cos movementos os reflexos cambiaban de posición, de tamaño e incluso parecían máis claros ou máis escuros. 

Emocionados e emocionadas polo que estaba ocorrendo, comezamos a ter gran curiosidade, a facernos preguntas e a querer saber cómo acontecía todo iso.

Esas preguntas precisaban unhas respostas, foi así como naceu un proxecto sobre a LUZ, no que seguiremos traballando. 

A continuación, mostramos un TALLER DE SOMBRAS, no que a nosa imaxinación e a creatividade voaron alto, moi moi alto.

Para facelo, empregamos a nosa man colocandoa de diferentes formas, obxectos e diferentes materiais a nosa disposición.

Debuxamos e coloreamos as sombras que se formaban e finalmente, todas e todos xuntos, cavilamos para decidir a qué se nos parecía cada unha das nosas creacións. 

Queredes ver o resultado? Risa

Móvete pola paz

As nenas e nenos de primeiro movémenos pola paz. E ti que podes facer para vivir en paz?

Únete a nós e a moooooooooooveeeeeeerseeeeeeeee por un MUNDO MELLOR!!!!!!!!!Guiño

Está nas nosas mans, un paso pequeniño, pode cambialo todo. 

 

"Pasos pequenos, pasos grandes,

todo é camiñar"

Radio ARRABAL 15

Décimo quinto programa da Radio Arrabal deste curso 2020-2021. Programa especial con moitos contidos sobre o día da Paz e a non violencia. A voar nas ondas do Arraballll!!!!

 

FESTIVAL DE NADAL 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

 

PAULA - Booktuber "Garbanciño"

Paula de primeiro de primaria fai unha fantástica presentación do conto "Garbanciño".

 

Outono poético

Este outono descubrimos o fascinante mundo da poesía, os seus versos, as súas rimas e a súa beleza artística. 

 

Escaladas no camiño

Comeza este ano un novo proxecto na área de Educación fisica: "Escalada, unha filisofía educativa"

Ao longo do curso iremos traballando distintas modalidades do deporte na natureza coa finalidade de descubrir todas as posibilidades da nosa contorna.

No primeiro trimestre comezaremos coa ESCALADA e o CAMIÑO DE SANTIAGO. Aquí tedes algunhas fotos do alumnado do colexio.

Nin un biquiño pola forza

19 de novembro: Día Mundial para a prevención do Abuso Sexual Infantil.

Contacontos: "Nin un biquiño pola forza", comprensión e reflexión, porque debemos coñecer que temos dereito a escoller, que podemos dicir NON, e se non funciona, pedir axuda.

O MAGOSTO

O MAGOSTO

Propoñémosvos unhas adiviñas chulísimas sobre esta festa tan suculenta. Mmmmmm... Canso

 Quen se atreve? Ourizo ou castaña?

 

<< Alto estou,

cor de ouro teño

e por unha risotada

perdo o que teño.>>

 

<<Unha cousa que vive na devesa

e vaille picar o cu á artesa.>>

 

<<Altos pais

capeludas nais

os fillos inchafoles,

adiviña ti se podes.>>

 

<<Alto me vexo

no meu capelexo

e por unha risada

quedei sen nada. >>

 

Grazas por vernos. Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut