As nenas e nenos de primeiro temos o pracer de presentarvos a nosa actuación do SAMAÍN. Afondando nesta tradicional festividade descubrimos a súa orixe celta, aprendemos vocabulario e pasámolo en grande bailando e cantando esta fermosa cantiga. Esperamos que vos guste. Auuuuuu!!!
Aquí tedes os videos da celebración do pasado venres, 5 de xuño de 2020. Xa vedes que somos uns ecoloxistas convencidos. Moitas grazas a tod@s e non esquezades disfrutar da natureza.
Onte, día 22 de outubro de 2019, subimos ao Curro da Valga para celebrar o Magosto. Por primeira vez o noso curso (3º) subimos andando ata o curro. A subida foi moi cansada pero divertida.
Ao chegar arriba pasámolo moi ben facendo cabañas, xogando cos amigos e comendo castañas. Antes de marchar tiznámonos coa borralla da fogueira e Pablo dice que eran as sete da tarde e ainda tiña a cara sucia e carbón nos bolsillos. Gael dice que colleu moitas landras e que foi unha pena que Carla non subira.
Outro ano máis celebramos o magosto. Subimos ao Curro da Valga uns andando e outros en bus. Ao chegar ao curro xogamos ao escondite, fixemos cabañas e comemos as castañas tod@s xunt@s.
Non podía faltar o de emporcallarnos coa borralla de asar as castañas, que día máis divertido!!!
Polo cole apareceron, catrinas, bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos...a festa estaba servida.
Comezouse a escoitar unha marcha fúnebre e o alumnado de 4º coa súa comparsa foi invitando aos distintos cursos a visitar o "pequeno museo do terror". Alí os nenos e nenas de 5º e 6º deixáronnos tremendo de medo coa súa exposición terrorífica.
Co medo no corpo chegou a hora de comer...sesos?, sangue?, tripas humanas?, noooo!!! Foi unha merenda riquísima preparada polos pais e nais e que devoramos como lobos e lobas.
Despois chegou a hora de facer as fotos e bailar ao ritmo da música siniestra. Que día máis divertido!
Aquí tedes unhas cuantas fotos para disfrutar e recordar.
Aquí quedan os videos da festa e do "Museo dos pequenos horrores".