Skip to Content

MAGOSTO 2019

CHEGOU O MAGOSTO

Onte, día 22 de outubro de 2019, subimos ao Curro da Valga para celebrar o Magosto. Por primeira vez o noso curso (3º) subimos andando ata o curro. A subida foi moi cansada pero divertida.

Ao chegar arriba pasámolo moi ben facendo cabañas, xogando cos amigos e comendo castañas. Antes de marchar tiznámonos coa borralla da fogueira e Pablo dice que eran as sete da tarde e ainda tiña a cara sucia e carbón nos bolsillos. Gael dice que colleu moitas landras e que foi unha pena que Carla non subira.

Si queres ver máis fotos clica na imaxe.

Ata logo amigos!

CARLA, PABLO e GAEL de 3º de primaria.



page | by Dr. Radut