O martes 5 e o venres 8 de abril desenvolveuse unha actividade cos cursos de 1º e 4º de EP arredor das emocións a través dos cans en colaboración ca entidade ADA.
Traballouse:
-A intelixencia emocional e as habilidades sociais para grupos específicos, incidindo nas relacións intraespecíficas do alumnado.
-Elaboración de estratexias de trato empático e prevención de condutas de abuso e acoso.
-Recoñecemento de emocións propias e alleas, e estratexias asertivas de enfrontarse a elas.
-Resolución de conflitos.