Skip to Content

COVID19

INSTRUCCIÓNS MÁSCARAS

PUBLICADAS AS NOVAS INSTRUCCIÓNS DA XUNTA SOBRE O USO DAS MÁSCARAS.

DOCUMENTO COMPLETO NO SEGUINTE ARQUIVO

INFORMACIÓN COVID

PRODECEMENTO ANTE UN CASO DE AUTOTEST POSITIVO

No caso de que algún alumno ou alumna ou persoal do centro dese positivo nun autotets realizado de forma particular é necesario levar a cabo coa máxima rapidez posible as seguintes accións:

1. Notificar este feito as autoridades sanitarias mediante vía telefónica ou a través do formulario web online (Este paso é fundamental para axilizar e poder xestionar o expediente Covid con dilixencia e eficacia).

                                      

 

2. Comunicar este positivo de forma telefónica ao centro educativo (TELÉFONO: 886110488), non por outras vías,  para facilitarnos a anticipación e a prevención en relación aos mesmos.

INFORMACIÓN COVID

PRODECEMENTO ANTE UN CASO DE AUTOTEST POSITIVO

No caso de que algún alumno ou alumna ou persoal do centro dese positivo nun autotets realizado de forma particular é necesario levar a cabo coa máxima rapidez posible as seguintes accións:

1. Notificar este feito as autoridades sanitarias mediante vía telefónica ou a través do formulario web online (Este paso é fundamental para axilizar e poder xestionar o expediente Covid con dilixencia e eficacia).

                                      

 

2. É aconsellable comunicar este positivo de forma telefónica ao centro educativo (TELÉFONO: 682742501), non por outras vías. Dito teléfono estará dipoñible de 9:30h a 17:0530h de luns a venres para comunicarnos os casos que se vaian dando e facilitarnos a anticipación e a prevención en relación aos mesmos.

 

-----------------------------------------------------------------------------------------

 ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN

A infografía que se amosa a continuación recolle un resumo do novo protocolo de actuación nos centros educativos:

 

No seguinte enlace podes acceder a información actualizada sobre o protocolo de actuación ante casos Covid coas modificacións incorporadas recentemente:

 

 

----------------------------------------------------------------------------------------- 

MEDIDAS DE PREVENCIÓN

É necesario seguir extremando as medidas de prevención en relación aos contaxios, actuando con tranquilidade ante os positivos que se vaian producindo.

Insístese unha vez máis na importancia de realizar ao alumnado todos os días a autoenquisa de avaliación de síntomas. En caso de presentar algún dos recollidos na mesma, non asistir ao centro.

AUTOENQUISA 

ACTUALIZACIÓN INFORMACIÓN COVID19

 

Estimadas familias, como estamos comprobando a incidencia Covid continúa a aumentar na área sanitaria de referencia e no propio centro. Ante este escenario cambiante sinalar:

-Cómpre continuar actuando con tranquilidade seguindo as indicacións que se recomenden en cada caso sempre baixo o amparo das autoridades sanitarias.

-Rigor na información. A xestión da información sanitaria é algo moi complexo que debe realizarse con precisión, cautela, respectando tempos e procedementos e tendo en conta a confidencialidade de datossanitarios. E por isto que, a través de canles oficiais , se traslada a información precisa e se dirixe aos destinatarios/as estritamente necesarios/as.
-Recordamos que todas as incidencias Covid son xestionadas polas autoridades sanitarias que guían e indican o mecanismo de actuación, realizan o estudo de contactos estreitos e ditaminan as medidas en cada situación.


-Remarcar a necesidade de facer a autoenquisa diaria de síntomas ao alumnado antes de levalos ao centro e redobrar as medidas de prevención individuais na medida do posible.

 

-Asemade, o centro está redobrando esforzos na prevención nestes días co fin de que cheguemos nas mellores condicións posibles ás vacacións de Nadal mediante:

  • Reunións do equipo Cóvid diarias para a avaliación da situación e coordinación de medidas.

  • Posta en marcha das aulas virtuais co fin de darlle acceso ao alumnado en corentena.

  • Flexibilidade na asistencia do alumnado nestes días previos as vacacións.

  • Establecemento de medidas organizativas do profesorado excepcionais incrementando a presenza de titores nos grupos burbulla e evitando o tránsito doutros mestres/as nos grupos.

  • Reorganización horaria cun recreo máis longo ao aire libre.

  • Desenvolvemento de merendas en exterior (se as condicións meteorolóxicas o permiten).

  • Incremento de actividades ao aire libre e ampla ventilación permanente nas aulas.

  • Outras medidas loxísticas como a potenciación de titorías ou atención telefónica para dar apoio e resolución de dúbidas e traslado de información e boletíns de cualificacións a través do AbalarMóbil.

 

Ánimo e moitas grazas pola colaboración.

 

PROCEDEMENTO DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS ALUMNADO CURSO 21_22

ALUMNADO DESTINATARIO: Alumnado matriculado en educación primaria


a) Non ten que presentar solicitude
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022


b) Ten que presentar solicitude
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e que cumpra
algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de novembro ao 26 de novembro.

Lugar: secretaría do centro. (Consultar horario de atención clicando )

Documentación necesaria:

(Clica para

descargar)

 * As listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas publicaranse o día 29 de novembro no taboleiro da entrada ao centro. Poderase facer reclamación ás mesmas os dous días seguintes na secretaría do centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut