Skip to Content

4º primaria

ATLETISMO XOGADE II

O alumnado de 4º de primaria apuntouse ao programa XOGADE: ATLETISMO ESCOLAR.

A semana pasada visitounos de novo o monitor de Atletismo, esta vez estivemos traballando os saltos e os lanzamento...xa estamos preparados para a terceira parte desta actividade: ENCONTRO DE ATLETISMO NO IFEVI O primeiro o quecemento, coma sempre. Despois técnica e algúns "truquitos" para sacarlle máis partido aos nosos saltos e lanzamentos. Todo un reto de aprendizaxe deportivo.

Adiante co atletismo!!!

 

Álbum: CURSO 24-25 -> atletismo 4º

O TEMPO (DO 11 AO 15 DE NOVEMBRO)

AQUÍ ESTÁ A PREDICIÓN DO TEMPO DA SEMANA PASADA, DO 11 AO 15 DE NOVEMBRO. SE TES ALGUNHA NOVA, FOTOGRAFÍA, DEBUXO... RELACIONADA CO TEMPO NON DUBIDES EN TRAELA E PARTICIPAR NO PANEL DO TEMPO.

A MILLA DE OIA 24/25

Este curso os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participarán nunha actividade enmarcada no plan de Vida Activa e Saudable nas escolas. A actividade é a MILLA. Nela correrán o mes de outubro, unha milla á semana, o mes de novembro, dúas millas á semana e o mes de nadal tres millas á semana.

É moi divertido!!! Anímate e participa!!!

Participamos en "ESCUELA DE LA MILLA"

Álbum: CURSO 24-25 -> MILLA de oia

XOGOS POPULARES

Coincidindo co MAGOSTO, o alumnado de 6º de primario, preparou uns xogos populares para divertimento de todo o cole. Adicaronlle algunhas sesións de educación física para aprender ben as normas e as posibles adaptacións para infantil. Pasámolo xenial e como é o último ano que poderán xogar no cole, repetimos.

Disfrutade das fotos, e a xogar!!!

Álbum: CURSO 24-25 -> XOGOS populares

ATLETISMO XOGADE 24/25

O alumnado de 4º de primaria apuntouse ao programa XOGADE: ATLETISMO ESCOLAR.

A semana pasada visitounos o monitor de Atletismo que nos ensinará as distintas modalidades e adestramentos do atletismo. O primeiro o quecemento, coma sempre. Despois técnica de carreira e remudas. Quédanos pendentes os saltos e lanzamentos. Todo un reto de aprendizaxe deportivo.

Adiante co atletismo!!!

   
   

ESCOLAS DE BALONMÁN DO NOVÁS/GUARDÉS

Comeza a tempada e os equipos de balonmán da bisbarra, o Novás e o Guardés, tamén queren compartir os seu deporte co alumnado do noso cole. Viñeron a ensinarnos as normas básicas deste bonito deporte. Fixemos tamén uns xogos de cooperación para facer equipo. E por suposto botamos un partidillo divertidísimo. Veña, a xogar!!!

O DIARIO DAS IRMÁNS "DAISY E LUCRECIA KRUGUER"

Programa presentación de "O diario das irmáns Daisy e Lucrecia Kruguer", unha serie de teatro radiofónico onde encontraredes historias e personaxes do máis insólito. Escoita a súa presentación e non perdades detalle, menuda familia!!!

CAMPO A TRAVÉS

Este ano a meteoroloxía deixounos celebrar a carreira de CAMPO A TRAVÉS na data prevista, sin aplazamentos. Foi unha xornada estupenda de convivencia cos coles da bisbarra, nun entorno excepciónal como é a Foz do Miñor, en Sabarís e condicións óptimas para correr a tope.

Un exitazo!!!

No album tedes algunhas fotos para a lembranza. En canto teñamos os resultados difundirémolos tamén. Felicitacións a todxs e non deixedes de facer deporte.

Álbum: CURSO 24-25 -> CROSS ladeira

Radio Arrabal Fin de curso XUÑO 2024

Ultimísimo programa da Radio Arrabal deste curso 2023-2024. Despedida, un pouco de música e entrega de premios do gran concurso da nosa radio. Noraboa a tod@s @s premiado e moitas gracias por participar. Para o ano que ven moito máis e mellor. Agora toca descansar e escoitar os progrmamas anteriores e buscar novos retos. Feliz verán desde a radio máis molona de todo o Baixo Miño.

A voar nas ondas da Radio Arrabal!!!!

TOLEMIAS INIMAXINABLES 9

Noveno programa de Tolemias Inimaxinables, o programa máis tolo da Radio Arrabal. Esta semana desprazámonos ao curro de Mougás e alí falamos cun invitado moi especial. Máis historias e sucesos varios que nos ocorren día a día, ata unha viaxe sorpresa ao antigo Exipto. E non vos olvidedes do concurso da Radio Arrabal que queda pouco para a gran final. A voar nas ondas do Arrabal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut