ATLETISMO XOGADE II
O alumnado de 4º de primaria apuntouse ao programa XOGADE: ATLETISMO ESCOLAR.
A semana pasada visitounos de novo o monitor de Atletismo, esta vez estivemos traballando os saltos e os lanzamento...xa estamos preparados para a terceira parte desta actividade: ENCONTRO DE ATLETISMO NO IFEVI O primeiro o quecemento, coma sempre. Despois técnica e algúns "truquitos" para sacarlle máis partido aos nosos saltos e lanzamentos. Todo un reto de aprendizaxe deportivo.
Adiante co atletismo!!!