Hoxe, 25 de abril de 2022, acudimos a exposición "Dragóns a 1000 graos. Viaxe ao centro dun volcán" organizada pola Afundación.
Puidemos gozar dunha xornada diferente e chea de novidades. Ao final da actividade estivemos intercambiando opinións e, en xeral, desfrutamos moito da experiencia de realidade virtual.
NOVOS programas da RADIO ARRABAL, en formato de PODCAST, coas SECCIÓNS de máis éxito, con novos EQUIPOS DE TRABALLO e sempre co MÁXIMO INTERÉS E ACTUALIDADE. Non deixes de escoitar a radio. ADIÁNTE!
Nos arquivos adxuntos escoitarás algúns pódcast feitos polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.
O pasado xoves o alumnado de 4º e 5º de primaria participou no obradoiro de radio impartido por DAMIÁN ALONSO.
Este gran doblador de documentais e películas infantís ensinounos a elaborar os nosos guións, a modular a voz coidando a vocalización e dicción e sobre todo a seguir buscando historias para contar na RADIO ARRABAL.
Onte, 8 de marzo, conmemoramos o “Día Internacional da muller” no centro; xa que apostamos por visibilizar e pór en valor as mulleres da nosa sociedade.
Para iso, dende a biblioteca continúase coa exposición de libros que permite ao alumnado e familias desenvolver o espírito crítico, coñecer a labor de mulleres relevantes na historia e na súa contorna así como contribuír a súa divulgación.
Ademais nos corredores do noso colexio poden observar os carteis reivindicativos elaborados polo alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco do Proxecta + “Donas de si: Valiosas”.
A elaboración do produto constou de varias partes. Primeiro o alumnado indagou sobre a orixe e posteriormente efectuaron os carteis reivindicativos en equipos cooperativos.
Acaba de comezar marzo e sen dúbida estamos ante un mes moi importante, xa que o día 8 conmemórase o “Día Internacional da Muller”.
O timbre musical abordará dita cuestión, xa que este permite traballar todas as conmemoracións rexistradas na orde do calendario escolar, dende unha perspectiva lúdica e amena.
O pasado 11 de febreiro conmemoramos no centro o Día da Muller e da Nena na Ciencia. O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco de Proxecta + (Donas de si: Valiosas), efectuou entrevistas a mulleres importantes da súa vida.
Nelas reflexionaron sobre o papel da nena na ciencia co obxectivo de fomentar o espírito crítico do noso alumnado.
Todas as entrevistas recompiláronse nun caderno conxunto que rotará por todas as aulas do centro, coa finalidade de que todas e todos xuntos poidamos enriquecernos e seguir avanzando.
Arranca o segundo programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de BISCOITO DE LARANXA (sen lactosa) da man de Tiago, de cuarto curso.
Pero antes de comezar...
Sabedes onde se orixinou o biscoito de laranxa?
O biscoito de laranxa, é un postre lixeiro e non moi azucarado que resulta ideal para acompañar unha cunquiña de leite quente. A laranxeira foi traída a Europa no século XV por exploradores portugueses. Esta receita de biscoito ten orixe grego. 'Portokalópita' é o nome que recibe este postre popular da repostería de GRECIA.