Co alumnado de 5º e 6º seguimos cos traballo na nosa horta do cedo.
Deixámola un pouca abandoada este trimestre e o primeiro que fixemos foi ver como estaban as nosas plantas: porro, repolo, col de bruselas, coliflor, berza e patacas do cedo.
Nos demos conta das necesidades que tiña a plantación:
- Falta de sol
- Moitas herbas
- Pouco crecidas as plantas
- Plantas comidas polas babosas e caracois
Puxémonos ao traballo e entre todxs quitamos herbas, arranxamos un pouco as plantas e empezamos a pensar en recoller os productos para deixar sitio ás novas plantacións.
Pasámolo xenial na nosa horta.