Skip to Content

5º primaria

Radio Arrabal #7

Programa número sete da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García de Santa María de Oia (Pontevedra). Coma sempre un programa con moita alegría e contidos moi interesantes para todos os membros da familia. Noticias, recitas de cociña, información do tempo, chistes, historias, concursos, entrevistas, música e moito máis nas ondas do Arrabal!!! Ata o infinito e máis alá!!!! 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Aquí tedes os videos da celebración do pasado venres, 5 de xuño de 2020. Xa vedes que somos uns ecoloxistas convencidos. Moitas grazas a tod@s e non esquezades disfrutar da natureza.

Especial corentena (2020 programa 7)

Foi un día a mediados de marzo cando empezamos esta corentena, a todos colleunos por sorpresa e pensamos que nada volvería ser como antes.

Pero a todo se acostuma un e agora xa vedes, con moito esforzo e ilusión xa temos un novo programa da RADIO ARRABAL. Grazas ao traballo do alumnado de 5º e á gran motivación que o seu titor lles transmite estamos de novo nas ondas.

Esperando vernos pronto moitos bicos e apertas virtuais.

Agora a disfrutar do programa clica  AQUÍ  para escoitarlo.

MAGOSTO 2019

CHEGOU O MAGOSTO

Onte, día 22 de outubro de 2019, subimos ao Curro da Valga para celebrar o Magosto. Por primeira vez o noso curso (3º) subimos andando ata o curro. A subida foi moi cansada pero divertida.

Ao chegar arriba pasámolo moi ben facendo cabañas, xogando cos amigos e comendo castañas. Antes de marchar tiznámonos coa borralla da fogueira e Pablo dice que eran as sete da tarde e ainda tiña a cara sucia e carbón nos bolsillos. Gael dice que colleu moitas landras e que foi unha pena que Carla non subira.

Si queres ver máis fotos clica na imaxe.

Ata logo amigos!

CARLA, PABLO e GAEL de 3º de primaria.

UN CAMIÑO DE TODOS

XACOBEOAUTÍSMO é como se chama o proxecto que está a levar a cabo a Fundación Menela. Pretenden dar a posibilidade a 20 persoas, con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada, de realizar un tramo do Camiño Portugués pola Costa. Ademáis é unha oportunidade para visibilizar a realidade deste colectivo. E aí entramos nós por que os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fomos invitados a compartir a etapa do Camiño que vai dende Oia a Viladesuso.

Foi unha mañá moi interesante onde compartimos unha camiñada cos amigos do San Xerome. Alegrámonos moito ao ver a Yolanda, a nosa compañeira do ano pasado. Unha experiencia que temos que repetir.

Clica AQUÍ si queres ler a noticia de DANIELA de 6º.

 

MUSICAL 6º "MAMMA MÍA"

Os nenos e nenas de 6º de primaria xa se graduaron. Para tal evento estrearon o músical "MAMMA MÍA".

Dende outubro levaban preparando o guión, os bailes e a escenografía. Coa axuda do profe Daniel e a profe Noela conseguiron facer un espectáculo digno de Broadway.

Enhoraboa pola función e moita sorte no instituto para este maravilloso curso de 6º.

Cica AQUÍ para ver más fotos.

EXCURSIÓN Á CORUÑA 2019

O mércores pasado os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º fomos de excursión A Coruña.

Saimos as 8 da mañá e chegamos ás 10 e media pasadas ao acuario da Coruña. Alí explicáronnos que os peixes comían tres veces ao día. A continuación fomos ver as focas, nos fixeron rir moito.

Despois fomos ao Nautilus, parecía que estábamos no fondo do mar! Uns buzos, que se metían no acuario, lles daban de comer, baixando cuns cubos que tiñan comida, evitando así que se comeran entre eles. Aproximadamente hai uns 6.000 peixes de diferentes tamaños e especies.

A continuación fomos comer ao comedor do Domus e ao rematar xogamos coas montaxes sobre a natureza que había ali.

Máis tarde fomos á Casa Das Ciencias onde unha señora nos recibiu moi amablemente e nos dixo que se podía tocar todos os experimentos científicos que había en cada sala pero con moito coidado.

Ao rematar merendamos, sacamos unhas fotos e marchamos felices e cansados de tanta diversión.

MAGOSTO 2018

Outro ano máis celebramos o magosto. Subimos ao Curro da Valga uns andando e outros en bus. Ao chegar ao curro xogamos ao escondite, fixemos cabañas e comemos as castañas tod@s xunt@s.

Non podía faltar o de emporcallarnos coa borralla de asar as castañas, que día máis divertido!!!

CLICA na imaxe e verás as fotos.

BLOG DE 6º

CLICA NA IMAXE PARA VER O BLOG

BLOG DA CLASE DE DANI

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO BLOG

Distribuir contido


by Dr. Radut