Skip to Content

EXCURSIÓN A VIGO

O martes pasado o alumnado de 5º e 6º foi de excursión a Vigo. Ali fixeron un par de visitas, unha aos estudos de RNE 5 (radio nacional de España, radio 5) e outra ao MdoM (museo do mar de Vigo).

En Radio 5 coñecemos ao director, ao locutor de deportes e os técnicos de son. Explicáronnos a historia da radio, o funcionamento da parte técnica e a maneira de falar diante dos micrófonos. Saímos tan emocionados que de maiores queremos traballar todos na radio. Agora estamos moito máis motivados para seguir adiante coa radio Arrabal.

Despois fomos merendar á praia que hai ao lado do museo do mar. Entramos no museo para ver o pergamino Vindel, coas explicación da monitora nos demos conta do tesouro medieval que tíñamos diante. Unha maravilla de manuscrito, coas cantigas de Martín Códax e a súa representación musical.

Voltamos ao cole contentísimos do moito que aprendimos e con ganas de facer unha nova excursión canto antes.

 

CLICA na imaxe para ver máis fotos.

 

  



page | by Dr. Radut