Skip to Content

Taller de comunicación a través da radio

O alumnado de 5º e 6º está a realizar un taller de comunicación. Tódolos mércores do 2º trimestre xúntanse con Patricia Muñoz Raña para estudar a radio como ferramenta de comunicación e aprendizaxe.

Patricia é freelance de comunicación turística, especializada no turismo cultural e patrimonial. Como redactora para diferentes medios ten moito que contarnos acerca dos medios de comunicación. https://labrujulamareada.com/

O obxetivo deste taller é aprender dende o descubrimento e ao mesmo tempo buscamos estimular a curiosidade e o espíritu crítico, boa falta fai para filtrar toda a información que nos bombardea na actualidade.

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o moito que estamos aprendendo.

     

     



page | by Dr. Radut