Skip to Content

lanzamento de xavelina

VISITA DUNHA LANZADORA DE XAVELINA AO NOSO COLEXIO

Marta Míguez visitounos o martes 6 de febreiro, na 4ª hora, mentres estábamos en educación física. Estábamos a facer botes co balón de baloncesto, entrou no ximnasio e explicounos como tiraba a xavelina. Como no ximnasio non temos xavelina, lanzou o vórtex. Logo tiramos nós o vórtex por grupos. Foi xenial!

    

 

Marta Míguez Telle, nada en Louredo (Cortegada) o 3 de marzo de 1973 é unha atleta galega xa retirada que competía na disciplina de lanzamento de xavelina.

Competiu representando a España tanto nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, coma nos Xogos do Mediterráneo, no ano 2001 en Tunisia, e os Campionatos do Mundo de Atletismo do 2002 en Madrid

A súa mellor marca persoal é de 59,43 metros, acadada en xullo de 2001 en Valencia, que é ademais o récord galego da especialidade.

Unha vez retirada tivo actividade na xestión deportiva. Foi nomeada xerenta do Consello Municipal de Deportes de Ourense en 2002, posto que ocupou ata 2007, e unha década máis tarde, en 2016, foi nomeada Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a máxima autoridade política en materia de deporte en Galicia, en substitución de José Ramón Lete. (wikipedia)



page | by Dr. Radut