Skip to Content

1º Curso

Día mundial da alimentación

O 16 de outubro celebramos no colexio o día mundial da alimentación sa, que ten como lema Unha alimentación sa para un mundo #HAMBRECERO

No Manuel Sueiro pasamos á acción !

O primeiro é apostar polas comidas feitas na casa e axudar a concienciar sobre a importancia do consumo de produtos coma vexetais, froitas e verduras, realmente ricas en vitaminas e minerais, por isto:

celebramos unha merenda colaborativa e saudable!!!

A comer!!!

Semana polo clima

HOW DARE YOU?

Hoxe, todos os nenos e nenas do noso cole, unímonos a Greta Thunberg facendo a mesma pregunta a todos e todas os que nos queiran escoitar.

Como se atreven a contaminar o noso fermoso planeta?

Como se atreven a non coidar os nosos mares, o aire que respiramos, os bosques cada vez con menos árbores?

Pois nós si que nos atrevemos a poñer o noso gran de area para darle a volta a todo, porque:  

“Queremos a nosa Terra
É o noso planeta
Queremos a nosa Terra
É o noso fogar”.

Coas nosas mellores ferramentas, os green crayons, e a nosa voz, berramos ben forte: GO GREEN GO!

Unímonos así ás accións promovidas pola organización Teachers for future, que ten como único obxectivo mellorar a saúde do noso planeta e de todos os seus habitantes.

WE LOVE THE EARTH

Na seguinte galería de imaxes podedes observar a nosa peculiar mobilización...

Semana polo Clima


Primeiro día de clase

Hoxe comezaron as clases en todos os centros de Ed. Primaria e Infantil de Galicia, e no noso cole, para non ser menos que ninguén, comezamos tamén.

A maioría chegamos ao cole con moita alegría e gañas de ver aos nosos amigos e amigas, aínda que algúns non o pasamos tan ben, xa que deixamos ás nosas familias na entrada do cole para pasar a convivir cuns seres estraños, algúns grandes, que non facían máis que dar ordes e instrucións...

...pero a verdade é que a mañá pasouse moi rápido e enseguida chegou a hora de ir a comer.

Mañá, máis e mellor, XA VEREDES!!!

 O mércores, 18 de setembro, publicouse unha reportaxe gráfica do comezo de curso no Xornal escolar de "La Región":

Viaxe á Guarda

O 12 de xuño todo o alumnado do centro viaxou á Guarda para coñecer unha das vilas galegas con máis pegada histórica.

A viaxe fixémola en autobús. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño.

En primeiro lugar visitamos o castro de Santa Trega, é un castro galaico , sitio arqueolóxico que se atopa na contorna do monte de Santa Trega, de 341 metros de altitude, un lugar privilexiado dende o que se domina toda a desembocadura do Miño. Pertenence á cultura castrexa, e é o máis emblemático e visitado dos castros galegos. 

No castro aprendemos a facer pegadas prehistóricas e lume con pedras, visitamos a citania para ver como eran as vivendas dos castrexos e coñecemos os diferentes tipos de construccións que realizaban.

A subida e a baixada foi TERRORÍFICA!

Comemos na praia de Camposancos, no Muiño, debaixo dun estupendo e fresquiño pinar, comemos a toda presa xa que despois tocaba ir a PRAIA, VIVA!

Na praia houbo baños, carreiras, paseantes, e vixiantes, e todos pasamos un momento estupendo.

Ao rematar na praia, voltamos a casa a descansar.

Servizo de préstamo de fondos da biblioteca

Ao longo do curso 2018/2019 funcionou o servizo de préstamo da biblioteca, realizando préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.

Mochilas viaxeiras

Este curso continuaron funcionando as mochilas viaxeiras en todos os cursos de Ed. Primaria.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila.

Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlleao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

Formación de usuarios

No curso 2018/2019, a formación de usuarios volveu a estar presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. O profesorado titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.

En educación Infantil visitaron a Biblioteca unha vez por semana. Os mais pequenos custoulle un pouco subir e dirixirse ao recanto en orde e silencio, pero pouco a pouco foise conseguindo.

  • Escollemos contos adaptándoos ás distintas idades pois este curso están na mesma aula  nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación Infantil.B
  • Buscamos o conto no andel correspondente, unha vez sentados, en orde e silencio, cóntaselles o conto ensinando as ilustracións.
  • Observan as ilustracións, buscando as distintas personaxes facendo comentarios e preguntas relacionadas co conto.
  • Imaxinar como é o protagonista do conto, e outras personaxes do conto, e expresalo coas súas palabras, ás veces, os maiores axudan os máis pequenos.
  • Cada día devolve un neno/a o conto ao seu andel correspondente, revisando a profesora se o fai correctamente
  • Outras veces, elixen libremente cada un o seu conto, fan preguntas sobre o que máis lle chama a atención, contando ao final , cada neno e nena, o que mais lle gustou.
  • Ao finalizar, colocan o seu libro no andel correspondente coa axuda e supervisión da titora.

Ao remate das sesións, en orden e silencio, deixan o recantocomo o encontramos , en orden e silencio dirixímonos  á aula.


 

En Educación Primaria, encargouse o profesorado titor da formación de usuarios con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:

  • Dedicaron un tempo a seguir coñecendo  a biblioteca, os usos e normas básicos que nela rexen.
  • Lembramos os distintos espazos da biblioteca.
  • Debuxamos planos da biblioteca en tamaño folio e tamén un en tamaño a2.
  • Fixemos unha exposición coas materias que aparecen nas distintas CDU das bibliotecas escolares.
  • Fíxemos xogos para colocar libros nas distintas CDU.
  • Coñecemos tódalas letras e números que aparecen no tejuelo.
  • Realizamos diferentes exercicios co tejuelo.
  • Traballamos sobre as CDU das biografías a repasamos as sinaturas dos libros.
  • Asimilamos conceptos relacionados co dicionario: entrada, definición, abreviatura.
  • Buscamos nos andeis, polo CDU biografías de personaxes famosos: Gaudí, Miró, Cervantes…
  • Realizamos fichas de distintos libros.


 

Hora de ler de 1º de Ed. Primaria

Na Hora de ler traballamos cunha metodoloxía participativa. Realizamos as seguintes actividades:

  • Realizamos todos os días de 12:00 a 12:20 a Hora de ler dedicando este tempo á lectura como lecer
  • Traballamos as normas da biblioteca e do uso do servizo de préstamo de libros.
  • Cada semana, o alumnado ía a biblioteca escolar para a realización dos empréstitos. Una vez remata a lectura cumprimentan a súa ficha bibliográfica.
  • Utilizáronse as mochilas viaxeiras ao longo do curso, elixindo dous libros ,un en castelán, outro en galego , una  revista e un caderno.
  • Fixemos lecturas colectivas e individuais de varios contos entre os que destacamos o “Parruliño feo”.
  • Realizamos comprensións lectoras sobre estas lecturas.

Consideramos que o tempo destinado á Hora de ler é imprescindible para fomentar e favorecer boas prácticas lectoras no noso alumando.

"Papá bolecha doa sangue"

A axencia ADOS de doazón de órganos e sangue realizou no noso centro unha campaña de difusión da súa labor coa entrega ao alumnado do libro dos bolechas “Papá bolecha doa sangue” para que o alumnado traballase a súa lectura na casa coa súa familia.

 

Letras Galegas 2019

O 16 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día das Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas coa realización das seguintes actividades:

  • Visionado do vídeo da súa vida e obra realizado polos compañeiros do CPR Sa Pío X.
  • Representación da obra de Antón Fraguas "A pulga e o piollo" polo alumnado de Ed. Infantil.
  • Interpretación polo coro do cole das seguintes cancións:
  • Entrega de agasallos do concurso de fomento do emprego do Galego que organizou o EDL do Centro.

Obra de teatro "A voda da pulga e o piollo":

 

Distribuir contido


by Dr. Radut