Skip to Content

1º Curso

O Sabor da aventura está no mar

O alumnado de Ed. Primaria do noso cole participo o 21 de febreiro no programa "O sabor dá aventura está non mar", que promove a Xunta de Galicia con financiamento da Unión Europea. O seu obxectivo é "valorizar e fomentar o consumo dos produtos da pesca e da acuicultura, así como incidir e equilibrar as dietas alimenticias nas idades infantil e  xuvenil".

Esa idea desenvólvese en localidades costeiras para achegar aos nenos e nenas a esa realidade, ampliar os seus coñecementos sobre os produtos do mar, profundar no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar.

Nós, nesta ocasión, visitamos o concello costeiro de Noia para visitar a súa lonxa, a depuradora de marisco e ver como traballaban as persoas mariscadoras da cofradía de Noia na praia do Testal.

Na zona de marisqueo aprendemos a diferenciar entre berberechos, ameixas finas e ameixas xaponesas. Asemade, practicamos co raño para sacar o marisco da area e fomos testemuñas presenciais do proceso que se sigue desde que se colle o marisco ata que chega á depuradora.

Para rematar a viaxe, as organizadoras convidáronnos a un exquisito manxar, a base de empanada de millo con berberechos, canelóns de peixe e rosca de Noia, nas instalacións do Club Náutico no porto do Freixo.

Pasámolo xenial

Obradoiro de comadres e compadres

O 15 de febreiro tivemos na biblioteca un obradoiro para realizar as comadres e compadres do Entroido. Dito obradoiro foi dirixido polos monitores de Ocitem que contratou a Concellería de Educación.

Este ano serán as nenas as que corran destras dos nenos para destruírlles as súas comadres; eles, pola contra, tratarán de defender as súas comadres para que queden ilesas despois da persecución.

Esta actividade será realizada o xoves de comadres na Praza Maior de Ourense, e nela participará o alumnado de varios colexios do concello de Ourense.

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas

O 4 de febreiro visitou a bilioteca do noso centro o escritor Iago López para contarnos a historia de "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", libro do que é tamén autor.

"Celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta… as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo".

Coma sempre, pasámolo xenial coas súas historias.

O xinete das árbores: Baño de bosques

O 5 de febreiro visitou a biblioteca do noso centro un home-árbore, un ser humano “boscoso”,  un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que os verán asolan as  terras da montaña, para que as nenas e nenos do CEIP Manuel Sueiro lle axudaran a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras,  para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar.

Con gaitas e peitoques de teixo, con frautas de pereira, pandeiretas de castiñeiro, e co burro Caramulo de madeira de bidueiro, as nenas e os nenos alimentados coa música das árbores viaxaron, dun xeito imaxinario, polo corazón de cada un para comprobar que os seus corazones están sans e fortes, como a mascota  CARDIO. no seu peregrinar pola saúde deles.

Con contos, cantigas, xogos, e moita risa rematamos “plantándonos” todas e  todos con forma de árbores a favor dos nosos bosques, refuxio do oxixeno que alimenta o corazón,  transformándonos en nenas e nenos xinetes das árbores, esperanza dos nosos bosques.

A message of Peace 2019

A MESSAGE OF PEACE

Para conmemorar o día da paz, non atopamos xeito mellor que elaborar ao noso xeito, un cadro cheo de eyes que abren portas á paz e ao amor.

Visionando o vídeo “A vivid message of peace from Yayoi Kusama” coñecemos a mensaxe de paz da artista xaponesa.

https://www.youtube.com/watch?v=9WtEF94zwmM

E seguindo as súas palabras …

“EYES OPEN DOORS TO PEACE AND LOVE”

Queremos que todos escoitedes ben alto a nosa voz:

PEACE

平和

PAZ

 

A polkadot Christmas

A POLKADOT CHRISTMAS

O mellor xeito de agasallar a YAYOI KUSAMA este nadal é, sen dúbida, facer que os nosos Christmas Trees e os Santa´s hats relozan cheos de polkadots.

Desde as sección bilingües querémosvos desexar en todas as linguas nas que desenvolvemos o noso proxecto,

MERRY CHRISTMAS
メリークリスマス
BO NADAL
FELIZ NAVIDAD

Visita á biblioteca de A Ponte

O 23 de novembro o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria realizou unha andaina ata a biblioteca municipal de A Ponte para participar en varias actividades de formación de usuarios e de fomento da lectura.

Participamos activamente nunha sesión de contacontos, realizada polas monitoras da biblioteca, a través dun kamishibai que nos mantivo espectantes ata o seu remate.

Fomos felicitados polo noso comportamento e. tamén, polo coñecemento que temos do funcionamento dunha biblioteca. Asemade, as persoas maiores que nos atenderon quedaron sorprendidas coa nosa eficiencia lectora e comunicadora.

Na galería de imaxes podedes observar a nosa experiencia...

 

Visita de Leanne Rivera á nosa biblioteca

O 5 de outubro tivemos o privilexio de contar coa presenza da poetisa de orixe cubano Leanne Rivera grazas á colaboración do Círculo poético ourensán.

O alumnado do noso centro rendeulle unha pequena homenaxe cos traballos que realizaron nas súas clases ao longo dos días previos á súa visita:

Despois de sometela a unha pequena encerrona, con preguntas de todo tipo sobre a súa vida e obra, Leanne recitounos o poema que tiña preparado para participar nos IX encontros internacionais de poesía que organizou o Círculo poético ourensán.

Na seguinte galería amosamos os principais momentos do encontro coa poetisa.

Viaxe a Marcelle

O 6 de xuño realizamos a última saída educativo/cultural deste curso. Esta vez, fomos ao parque zoolóxico de Marcelle, situado no concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo.

Coñecemos e aprendemos moitas cousas sobre animais que nunca víramos e que tan ben coidados están no parque.

Durante todo o percorrido ao parque estivemos acompañados por tres fabulosos monitores que nos axudaron a pasar unha xornada inesquecible.

Pasámolo XENIAL!!

Debuxos do alumnado de Ed. Infantil

Hora de ler de 1º de EP

Na aula de 1º de Ed. primaria, reforzamos a lectura  empregando libros en castelán e galego. O grao de dificultade das mesmas ía en función da comprensión lectora dos alumnos.

Traballamos tanto a lectura individual como a lectura colectiva, en voz alta e de xeito encadeado, de libros como “Un baúl lleno de dinosaurios”, “A avoa non quere comer”

Fíxose un seguimento  individualizado da comprensión  lectora  e da velocidade lectora de cada un dos alumnos.

Asemade, os luns e os mércores traballamos a lectura de poesías. Dividimos o proceso en catro partes:

  1. Escoitar: neste primeiro momento os alumnos, en cada sesión, escoitaban unha poesía e despois facían un debuxo sobre a mesma.  
  2. Ler: neste momento cada día un alumno lía un poema para os seus conpañeiros. Os propios alumnos escollian os poemas que querían mostrar á aula.
  3. Rematar: nesta parte, non só, nos dedicamos á poesía se non tamén a narrativa. Presentabamos ao alumnado un conto ou un poema sen rematar e os alumnos tiñan que rematalo e decoralo con diferentes técnicas artísticas.
  4. Crear: a última parte do proceso foi a creación de poemas por parte dos alumnos, traballamos a rima e practicaron a poesía sobre as cousas cercanas a súa vida coma as estacións do ano, os animais...

En todo o proceso, respectamos a creatividade do alumnado, os seus intereses e as súas necesidades.

“Poesía es la unión de dos palabras que uno nunca supuso que pudieran juntarse, y que forman algo así como un misterio.“
Federico García Lorca

Distribuir contido


by Dr. Radut