Dende a aula de audición e linguaxe traballouse no mesd de xaneiro, co alumnado de infantil, de 1º e 6º de ed. primaria, o conto “por cuatro esquinitas de nada”.
"Cuadradito está jugando con sus amigos los redonditos. Ring, es la hora de entrar, pero cuadradito no puede entrar, no es redondo como la puerta", cuadradito está triste. Lo intenta pero nunca será redondo. Te cortaremos las esquinas!.
Este conto tan sinxelo, trata do intento de cambiar para ser como os demais, e dos consellos do resto para entrar no grupo normalizado, rematando coa moraliña de que non é cadradiño o que ten que cambiar, se non a porta.
Ao finalizar a lectura do conto, houbo rolda de preguntas con todos os grupos sobre a mensaxe que nos quería transmitir , expresar os sentimentos do protagonistas pensando como se sentirían se lle ocorrera a calquera deles.
Os máis pequenos realizaron un debuxo sobre o mesmo, mentres que o alumnado de 6º escribiu un relato curto de exemplos que coñecen ou que poderían acontecer na vida real, ademais de elaborar en grupo pequenos murais con mensaxe que lembre a integración das diferenzas como algo positivo.
O 4 de febreiro presenciamos mo auditorio municipal o espectáculo de monicreques de tamaño medio titulado "Safari" e que en forma de fábula nos falou dun tema nada fantasioso, o acoso escolar e que foi posto en escena pola compañía Baldufa.
Os dous protagonistas, Piñote e Calabacín, investigadores profesionais entran na sabana para resolver a misteriosa desaparición do león. No seu traballo de investigación cuestionan a xirafa, o mono, o elefante e o cocodrilo e atopan o león triste e asustado. Os investigadores tratan de descubrir as razóns deste pesar e desta fuga e teñen a firme vontade de resolver o caso.
Con esta posta en escena, Baldufa, convídanos a reflexionar sobre o acoso escolar.
Por que o concodrilo insiste en indignar ao león?
Por que o resto dos animais insisten tamén en darlle a lata?
Que haberá que facer para que o rei da sabana se enalteza? ...
A través da educación e do traballo, pódense potenciar actitudes e comportamentos positivos que permitan unha convivencia doce e tranquila.
Ao longo da historia e ao redor do mundo, os seres humanos eliximos diferentes imaxes e xestos para representar a paz. Estes símbolos mostran o valor que ten a paz para nós e teñen diferentes historias e orixes que merece a pena coñecer, e así o fixemos.
Os alumnos de infantil traballaron a pomba da paz. É un símbolo moi antigo. Aparece na biblia e representa a paz e a reconciliación tras o diluvio universal. Despois da Segunda Guerra Mundial a pomba da paz volveu ser unha imaxe moi recoñecida, debido a uns debuxos que realizou Picasso.
Os de primeiro fixeron a rama de oliveira. É outro símbolo de paz que a humanidade utiliza desde hai moito tempo. Era un dos atributos da deusa grega da paz, Irene, e simbolizaba a abundancia e a vitoria sobre os malos espíritos.
Os de segundo traballaron o “Sinal da "V" coa man”
Este xesto, coa man virada cara a fóra, ten diferentes significados pero popularizouse como signo de paz durante os movementos pacifistas posteriores á II Guerra Mundial e, especialmente, na década dos 60, durante a Guerra de Vietnam.
A papoula é o símbolo dos de terceiro.
Cóntase que, durante a Primeira Guerra Mundial en Europa, creceron moitas papoulas no que foran os campos de batalla, polo que esta flor foi adoptada como recordo dos caídos na guerra. Máis adiante, promoveuse a papoula como símbolo do pacifismo, a non violencia e contra os desastres da guerra.
Os de cuarto decoramos os logos da paz
Este logo foi creado en 1958 por Gerald Holtom, un deseñador gráfico inglés, para unha campaña en apoio do desarmamento nuclear, este símbolo fíxose mundialmente coñecido nos anos 60 a través do movemento hippie. As liñas dentro do círculo representan as letras D e N (desarmamento nuclear) no alfabeto semáforo, que é o que se utiliza os brazos e bandeiras para enviar mensaxes visuais a longa distancia.
Os de quinto representamos as nosas mans e queremos que representen a tódolos nenos do mundo.
As mans estendidas mostrando a palma son un xesto de paz e de rexeitamento á violencia, en particular o terrorismo. Están abertas e estendidas cara á fronte, é un xesto de autoafirmación, de conciliación e que comunica que a persoa non oculta nada, ao contrario que un puño, que pode pegar e esconder.
Os maiores do cole somos uns expertos en origami xaponés e creamos estas estupendas grúas.
A lenda conta que quen logre unir 1.000 grúas de papel con fíos verá cumprido un desexo. Fixéronse populares como símbolo de paz tras a Segunda Guerra Mundial pola historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que enfermou de leucemia tras a bomba atómica de Hiroshima e á que a súa familia e amigos axudaron a encartar máis de 1.000 grúas durante a súa estancia no hospital
No CEIP Manuel Sueiro entre todos creamos este arco da vella. Queremos que sexa un símbolo de paz. Nós neste momento queremos deixar o noso gran de area para rexeitar a violencia.
O 28 de xaneiro realizamos na nova aula de psicomotricidade do centro dúas sesións de teatriño de monicreques no que participou todo o alumnado do colexio.
U-la Lúa? é dunha proposta escénica, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.
Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
Este ano, no concurso de postais de Nadal realizado polo EDL do cole, resultaron escollidas, para felicitar as festas desde o colexio, as realizadas por Pablo e Aldara.
Como en anos anteriores, o alumnado de Ed. Infantil participou no concurso que convocou o Colexio de economistas de Ourense. O alumno Ían do cole obtivo un accesit polo seu traballo.
O 20 de decembro, grazas á colaboración e financiación da ANPA Limiar do noso cole, tivemos a sorte de contar coa presenza de A Apalpadora na biblioteca do noso centro.
Contoulle ao alumnado o precioso que é o lugar onde habita na serra de Courel, en que consiste o seu traballo de carboeirae como noutros tempos se pasaba fame en moitos lugares de Galicia, de aí que unha das súas costumes sexa a de apalparlle a barriguiñaaos nenos e nenas galegas despois do solsticio de inverno para deixarlles unha presa de castañas mentres están a durmir teñan fame ou non teñan.
Como fomos moi bos ao longo deste ano, ao remate da súa visita, deixounos uns agasallos para cada un dos nenos e nenas do cole.
O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis.
Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival.
O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)
Este curso, por ser un dos 25 centro de toda Galicia que está a participar no programa "Recíclate con SOGAMA", foinos adxudicada "Unha illa de reciclaxe" que localizamos na entrada do noso cole, nun lugar destacado, para que sexa empregada por toda a comunidade educativa nas tarefas de recolección selectiva dos refugallos que xeramos no centro.
A illa de reciclaxe está decorada cun muralque iremos completando ao longo do curso con tapóns de botellas.
O 10 de decembro, como en anos anteriores, fomos disfrutar da fantástica Pista de Xeo natural instalada nas terrazas do Centro Comercial Ponte Vella. Con 350 m² (50m2 máis grande que en anos anteriores) de auténtico xeo e con atractivos efectos de luz led, música, fume e outras moitas noveidas.
Unha instalación que xa é un clásico nos últimos anos en Ponte Vella. Este ano a ubicación cambiouo e a pista está situada na Terraza Superior.
Como se pode comprobar na galería de imaxes o alumnado e parte do profesorado pasárono xenial a pesar das múltiples caídos sufridas. Parte do alumnado participante puxo en valor a súa experiencia alcanzada grazas ás clases de patinaxe sobre rodas que reciben en extraescolares no colexio ao longo de todo o curso.