No curso escolar 2023/2024 o Comité de Participación Infantil do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro propuxo como aspecto de mellora realizar cambios nas horas de lecer do noso alumnado establecendo espazos inclusivos pensados para ser accesibles e acolledores para todo o alumnado, independentemente das súas capacidades ou necesidades especiais. Nun espazo coma este o obxectivo é que todo o alumnado poida participar e gozar das actividades en igualdade de condicións, para elo habilitamos as seguintes zonas cos seguintes xogos.
1º) Zona de xogos na pavillón de Educación
Os xogos que se realizaron ao longo do cuso escolar estiveron dirixidos polo profesorado responsables dos patios de xogo buscando que o alumnado se relacionase e colaborasen entre eles.
Os xogos que configuramos para o alumnado están centrados no traballo en equipo e na inclusión podendo xogar todos e todas usando os pictogramas como elemento de explicación. Estos son os xogos.
ACTIVIDADE 1: AS XOANIÑAS
MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas pezas de madeira que forman as xoaniñas (Cada xoaniña está formada por dúas partes simétricas).
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as pezas que forman a xoaniña.
2. Teñen que buscar por todo o patio a outra mitade igual que forma a xoaniña.
3. Os menos/as deben ir a mostrar aos mestres a xoaniña completa.
Actividade 2. AS CARAS.
MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas que forman as caras.
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as tarxetas que forman una cara.
2. Teñen que buscar por todo o patio a outra mitade igual que forma a cara.
3. Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres a cara completa.
Actividade 3. OS ANIMAIS.
MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas que forman os animais.
Bolsillo taboeiro colgante.
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as tarxetas que forman un animal.
2. Teñen que buscar por todo o patio as outras partes que coincidan para formar un animal.
3. Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres o animal completo e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.
Actividade 4. Fatasílabas de animais.
MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas que forman os animais e os seus nomes.
Bolsillo taboeiro colgante.
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as tarxetas que forman un animal e o seu nome.
2. Teñen que buscar por todo o patio as outras partes que coincidan para formar un animal.
3. Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres o animal completo e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.
Actividade 5. AS SÍLABAS.
MATERIAIS NECESARIOS
Tarxetas co debuxo e ocos para colocar as sílabas.
Pezas coas sílabas soltas.
Bolsillo taboeiro colgante.
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as tarxetas tanto do debuxo coma das sílabas soltas.
2. Teñen que buscar por todo o patio as outras partes que coincidan para formar una palabra.
3. Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres a palabra completa e colocala nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.
Actividade 6. OS MOUNSTROS.
MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas cos monstruos.
Definición relacionada con cada monstruo.
Bolsillo taboeiro colgante.
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos a uns as tarxetas cun monstruo e a outros a definición.
2. Teñen que buscar por todo o patio o monstruo que coincida coa definición.
3. Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres o monstruo completo e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.
Actividade 7. OOBXECTO-DEFINICIÓN.
MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas cos obxectos.
Definición relacionada con cada obxecto.
Bolsillo taboeiro colgante.
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos a uns as tarxetas cun obxecto e a outros a definición.
2. Teñen que buscar por todo o patio o monstruo que coincida coa definición.
3. Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres o obxecto completo e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.
ACTIVIDADE 8: LETRA-FOTO
MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas cos obxectos e coas letras.
Bolsillo taboeiro colgante.
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos a uns as tarxetas cun obxecto e a outros as tarxetas coas letras inicial.
2. Teñen que buscar por todo o patio as tarxetas que coincidan.
3. Os nenos/as deben ir xuntos a mostrar aos mestres o obxecto coa súa inicial e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.
ACTIVIDADE 9: OS CONTRARIOS
MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas cos conceptos e os seus contrarios.
Bolsillo taboeiro colgante.
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos a uns as tarxetas cos conceptos e a os outros os seus contrarios.
2. Teñen que buscar por todo o patio as tarxetas que correspondan os opostos.
3. Os nenos/as deben ir xuntos a mostrar aos mestres o concepto co seu contrario e colocalos nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.
ACTIVIDADE 10: CARTAS ANTÓNIMOS
MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas cartas cos conceptos antónimos.
Bolsillo taboeiro colgante.
DESENVOLVEMENTO
1. Repartimos as cartas cos conceptos e os seus antónimos.
2. Teñen que buscar por todo o patio as cartas e os seus opostos.
3. Os nenos/as deben ir xuntos a mostrar aos mestres as cartas e colocalas nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.
2º) Biblioteca escolar.
Xogos de mesa
Días de lectura.