Benvidos/as ao curso 2018-2019:

Queremos dar a benvida a toda a Comunidade Educativa recordándolle que as clases comezarán este mércores 12 de setembro.

O horario neste mes será de 9:30h a 14:30h. Servizo de comedor: 14:30h a 15:30h.

Este mércores 12 de 9:30h a 10h os pais e nais do noso alumnado poderá subir os materiais e libros das suas fillas e fillos á aula acompañados polos seus titores e titoras.

A partir das 10h subirán os nenos e nenas á aula.

Feliz curso 2018-2019!

A LAVERQUIÑA Nº 30 CURSO 2017-18

Podes acceder á revista en cor premendo na seguinte icona:

A Laverquiña - Nº 30 - CEIP Manuel Respino 



 Tamén a podes ver no seguinte enlace:

https://sites.google.com/site/alaverquina/

I Certame CHEFS SAUDABLES

No curso 2017-18 o alumnado de 1º, 2º, 5º, 6º A e 6º B participaron na primeira edición do Certame Chefs Saudables, dentro do Plan Xermola oreganizado pola Xunta de Galicia coa elaboración dunha receita saudable. A continuación podedes ver os videos creados para tal actividade ( picando enriba do curso):

1º Ed. Primaria

2º Ed. Primaria

5º Ed. Primaria

6º A Ed. Primaria

6º B Ed. Primaria

     

Deles foron premiados os seguintes:

 

 

   

- Na 3ª categoría: Educación Primaria (4º a 6º curso): foi premiado co 1º premio 6º B de Educación Primaria e co 2º premio 5º de Educación Primaria.

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL E FONDO DE LIBROS CURSO 2018-19

       

       Está aberto o prazo ata o día 20 de xuño inclusive para a solicitude de axuda para adquisición de libros de texto e material complementario, así como solicitude de reparto de fondo de libros a partir de 3º de primaria.

        O cálculo da franxa económica será tida en conta segundo a Renda  per Capitá do 2016 e a realidade familiar que consta ata o día 31 de decembro  de 2016.

        As instrucións e o anexo atópanse na páxina da xunta (www.edu.xunta.es ou clicando sobre as instrucións e sobre anexo). Este ano pódese presentar de forma telemática, na sede electrónica. Comproben ben todos os datos e non entregar ata que esté debidamente cumprimentado.

 شركة عزل اسطح وخزانات بالخبر

شركة مكافحة حمام بالأحساء

شركة مكافحة النمل الابيض بالقطيف

شركة صيانة مكيفات بالاحساء

شركة مكافحة الحمام بجازان

شركة تسليك مجاري بحفر الباطن

شركة تنظيف مكيفات بالاحساء

شركة كشف تسربات المياه بالاحساء

شركة مكافحة حشرات القطيف

شركة تنظيف بحفر الباطن

شركة مكافحة حشرات بحفر الباطن

شركة مكافحة حشرات بالدمام

شركة عزل أسطح بحفر الباطن

شركة نقل أثاث بحفر الباطن

شركة كشف تسربات المياه بحفر الباطن

شركة تنظيف سجاد وموكيت بالدمام

شركة مكافحة النمل الابيض بالدمام

شركة مكافحة حشرات بالدمام

شركة مكافحة حشرات بالدمام

شركة تنظيف فلل بالدمام

 

الوليد

 

شعر حب قصير

حالات حب

رسائل تعزية

 

تحميل صور

 

Calendario Escolar 2017-18

 

Orde do 12 de xuño de 2017, pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso 2017-2018, as clases comenzarán o luns, 11 de setembro do 2017 e rematarán o xoves 21 de xuño do 2018.

 

Fai clic na imaxe para descargar o arquivo.

 

 

 

Resumo do Calendario Escolar 2017-2018

 

1ª AVALIACIÓN

2ª AVALIACIÓN

3ª AVALIACIÓN

 

Comezo:11 de setembro (luns)

Remate:21 de decembro (xoves)

 

 

Comezo: 8de xaneiro (luns)

Remate: 23 de marzo (venres)

 

Comezo: 3 de abril (martes)

Remate: 21 de xuño (xoves)

Festivos

Festivos

Festivos

 

12 de outubro (xoves): Día da Hispanidade.

1 de novembro (mércores):Día de Todos os Santos.

6 de decembro (mércores): Día da Constitución.

7 de decembro (xoves): Día do Ensino.

8 de decembro (venres): Día de Inmaculada Concepción.

 

 

12-13-14 de febreiro: (luns, martes , mércores) Entroido

24 de marzo ao 2 de abril : Semana Santa. (ambos incluídos)

 

17 de maio (xoves) Letras Galegas

 

Os servizos de comedor e transporte escolar, comezarán co curso, o día 11 de setembro do 2017, e rematarán o 21 de xuño do 2018, mesmamente co curso escolar.

 

 

 

AVISO FONDO DE LIBROS

 

Está a disposición para asinar as familias o documento de entrega de libros do fondo para 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria.

Benvida ao curso 2016/17

Benvida ao curso 2016/17

 

O vindeiro luns día 12 de setembro comeza para todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria un novo curso escolar.

 

A Comunidade Educativa do CEIP Manuel Respino dalle a benvida aos alumnos e as súas familias, especialmente, aos que se incoporan por primeira vez ao Centro.

 

Iníciase tamén una nova etapa na Dirección; comprométome  a seguir loitando polas melloras do Centro, actuando de intermediaria entre as distintas institucións para lograr a máxima calidade posible. Coma sempre, agardo a colaboración de toda a Comunidade Educativa para que nos sintamos orgullosos do noso Centro.

 

Un saúdo agarimoso.

 

A directora

 

Mª Teresa Fernández Arias

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 

Ante a inquietude xurdida por parte dalgúns pais e nais, a Dirección quere  aclarar, a través diste medio o seguinte:

 

  • O suceso ocurrido o venres de Entroido, xa fóra do horario lectivo, foi a queima espontánea dun enchufe nunha aula de primaria.  O sinistro  foi xestionado durante ese periodo non lectivo,  para que á volta os alumnos poideran seguir as clases con normalidade.

Os alumnos que ese día estaban rematando o xantar, en ningún momento estiveron expostos a risco algún, e seguíronse os protocolos regulamentarios.

Os danos do sinistro están avaliados e reparados, e en próximos días volverase a empregar a aula. O Centro dispón dun Plan de Autoprotección actualizado, realizado polo profesorado do centro, e asesorados polo corpo de bombeiros de A Rúa, pendente de revisar e aprobar. En próximas datas faremos pequenos ensaios co alumnado para medir a eficacia da evacuación.

 

  • En cuanto ao malestar por non participar nas actividades da neve, lémbrolles ás familias que se podía participar de dúas modalidades: de forma individual ou a nivel escolar. Reunidos os titores dos grupos, valorouse como o resto das actividades que se ofertan ao Centro, e decidíuse, por unanimidade, non realizar a actividade este ano.

Recordamos ás familias como se establece na Orde do 22 de xullo de 1997, de Organización e Funcionamento das Escolas de Educación Infantil e de Educación Primaria no Capítulo IV no epígrafe de Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, artigo 70:

 

“Teñen carácter de extraescolares aquelas que, sendo organizadas polo centro e figurando na programación xeral anual, aprobada polo Consello Escolar, se realizan fóra do horario lectivo. A participación nelas será voluntaria:”

 

Moitas grazas.

Quedo a súa disposición.

 

A Dirección.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer