INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 

Ante a inquietude xurdida por parte dalgúns pais e nais, a Dirección quere  aclarar, a través diste medio o seguinte:

 

  • O suceso ocurrido o venres de Entroido, xa fóra do horario lectivo, foi a queima espontánea dun enchufe nunha aula de primaria.  O sinistro  foi xestionado durante ese periodo non lectivo,  para que á volta os alumnos poideran seguir as clases con normalidade.

Os alumnos que ese día estaban rematando o xantar, en ningún momento estiveron expostos a risco algún, e seguíronse os protocolos regulamentarios.

Os danos do sinistro están avaliados e reparados, e en próximos días volverase a empregar a aula. O Centro dispón dun Plan de Autoprotección actualizado, realizado polo profesorado do centro, e asesorados polo corpo de bombeiros de A Rúa, pendente de revisar e aprobar. En próximas datas faremos pequenos ensaios co alumnado para medir a eficacia da evacuación.

 

  • En cuanto ao malestar por non participar nas actividades da neve, lémbrolles ás familias que se podía participar de dúas modalidades: de forma individual ou a nivel escolar. Reunidos os titores dos grupos, valorouse como o resto das actividades que se ofertan ao Centro, e decidíuse, por unanimidade, non realizar a actividade este ano.

Recordamos ás familias como se establece na Orde do 22 de xullo de 1997, de Organización e Funcionamento das Escolas de Educación Infantil e de Educación Primaria no Capítulo IV no epígrafe de Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, artigo 70:

 

“Teñen carácter de extraescolares aquelas que, sendo organizadas polo centro e figurando na programación xeral anual, aprobada polo Consello Escolar, se realizan fóra do horario lectivo. A participación nelas será voluntaria:”

 

Moitas grazas.

Quedo a súa disposición.

 

A Dirección.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer