Seccións Bilingües
Thanksgiving
A semana pasada os nenos e nenas do cole coñeceron a tradición de Thanksgiving nos Estados Unidos. Teacher Brad achegounos ás orixes culturas desta celebración, e xuntos fixeron un pequeno obradoiro sobre as cousas das que están agradecidos este ano.
En 1621 os colonos ingleses chegaron aos Estados Unidos. Os nativos americanos da tribo Wampanoag axudaron aos ingleses a sobrevivir a un duro inverno ensinándolles a cultivar millo, pescar e sobrevivir nas novas terras. Como celebración, a primera cea de acción de grazas foi compartida entre os indios e os peregrinos tras unha exitosa colleita. A acción de grazas simboliza a unidade, a gratitude e o intercambio entre diferentes culturas.
Happy Thanksgiving!
Encontro Dixitalweek 2023 en Santiago de Compostela
O mércores 8 de novembro de 2023, o alumnado de 6º de Primaria, acompañados pola mestra de Inglés e polo seu titor, puideron participar nunha conferencia e obradoiro sobre a realidade virtual, dentro do programa Dixitalweek 2023.
Así pois, desde unha perspectiva activa, lúdica e cooperativa, ao longo da Dixitalweek, os rapaces realizan distintas actividades académicas relacionadas coa contorna tecnolóxica, así como de tempo libre e obradoiros (xogos, veladas e excursións) que, a maiores do eido estritamente académico, lles axudarán á mellora da súa autonomía e á interacción con rapaces de distintas zonas de Galicia.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou os obradoiros, onde puido coñecer de primeira man as destrezas dos rapaces nestes eidos, e onde aproveitou para subliñar a importancia “dobremente beneficiosa” desta iniciativa que combina “a aprendizaxe oral do inglés coa formación en competencias dixitais”.
Neste encontro de hoxe, os alumnos realizan actividades de práctica idiomática en distintos escenarios comunicativos vinculados ás contornas tecnolóxica e científica. A maiores, tamén participan en actividades físicas e de socialización que contribúen a mellorar o traballo en equipo entre os participantes.
Para ilo contan co apoio de profesionais como Manuel Vicente, divulgador e presentador do programa Efervescencia da Radio Galega e premio de Xornalismo Científico en 2018, e Déborah García, química, investigadora, e comunicadora científica, que traballa no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas, CICA, da Universidade da Coruña.
Actividades Inglés
Ola a todos! Como temos que pasar uns días sen vir ó cole vou ir subindo cada semana actividades novas de Inglés para traballar na casa. Se non tedes impresora podedes facer as actividades na libreta ou en folios. Ánimo!!
Se tedes algunha dúbida podedes contactar conmigo no seguinte enderezo: teacherpaula@outlook.es
Semana do 23 de Marzo 2º Educación Primaria Semana do 30 de Marzo 2º Educación Primaria
3º Educación Primaria 3º Educación Primaria
4º Educación Primaria 4º Educación Primaria
5º Educación Primaria 5º Educación Primaria
6º Educación Primaria 6º Educación Primaria
Durante as vacacións de Semana Santa non vamos a poñer tarefas do cole xa que é importante que descansedes que o tedes ben merecido. Pero como eu ben sei que hai moitos artistas neste cole, vouvos facer unha proposta: todos aqueles aos que lles apeteza dedicarlle un ratiño ás manualidades poden visitar o blog de Inglés no apartado Easter crafts e facer algunha desas manualidades que vos propoño, nas que só tedes que empregar materiais que encontraredes na vosa casa. Todos aqueles artistas que queiran mostrar os seus traballos ó resto do mundo poden mandarme unha foto do traballo á miña dirección de correo para que eu poida subir esas fotos ó blog e todos poidamos ver as vosas obras de arte.
https://ourenglishcorner2020.blogspot.com/2020/04/easter-crafts.html
Semana do 14 de Abril 2º Educación Primaria Semana do 20 de Abril 2º Educación Primaria
3º Educación Primaria 3º Educación Primaria
4º Educación Primaria 4º Educación Primaria
5º Educación Primaria 5º Educación Primaria
6º Educación Primaria 6º Educación Primaria
Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria
Semana do 27 de Abril 2º Educación Primaria Semana do 04 de Maio 2º Educación Primaria
3º Educación Primaria 3º Educación Primaria
4º Educación Primaria 4º Educación Primaria
5º Educación Primaria 5º Educación Primaria
6º Educación Primaria 6º Educación Primaria
Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria
Semana do 11 de Maio 2º Educación Primaria Semana do 18 de Maio 2º Educación Primaria
3º Educación Primaria 3º Educación Primaria
4º Educación Primaria 4º Educación Primaria
5º Educación Primaria 5º Educación Primaria
6º Educación Primaria 6º Educación Primaria
Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria
Semana do 25 de Maio 2º Educación Primaria Semana do 01 de Xuño 2º Educación Primaria
3º Educación Primaria 3º Educación Primaria
4º Educación Primaria 4º Educación Primaria
5º Educación Primaria 5º Educación Primaria
6º Educación Primaria 6º Educación Primaria
Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria
Semana do 08 de Xuño 2º Educación Primaria Semana do 15 de Xuño 2º a 6º Educación Primaria
3º Educación Primaria Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria
Actividades Arts de 1º a 6º Educación Primaria
Podedes descargar se queredes estas aplicacións nas vosas tablets ou móbiles. Nelas atoparedes xogos, actividades e historias para aprender Inglés:
Khan Academy Kids English for kids LuvLingua Simpler Pili Pop English
Se vos apetece xogar un ratiño, aquí vos deixo algúns xogos que vos servirán de repaso do que xa tedes aprendido:
Numbers Colours Animals Clothes Parts of the body School Days of the week Telling the time
Hangman Crossword Wordsearch Memory games Grammar games Board games Family Jobs
Se queredes poñer a proba os vosos coñecementos ou simplemente repasar un pouquiño, aquí vos deixo algúns enlaces a actividades online en Inglés:
VOCABULARY GRAMMAR VERBS READING COMPREHENSION LISTENING EXERCISES
Como ben sabedes a lectura é unha ferramenta marabillosa para aprender unha lingua. Favorece a ampliación de vocabulario, mellora a ortografía e a gramática, axuda a unha correcta pronunciación e permite que deixemos voar a nosa imaxinación para convertirnos, en numerosas ocasións, nos protagonistas das historias que estamos a ler.
Aquí vos deixo un enlace a unha páxina na que atoparedes unha gran cantidade de historias sinxelas en Inglés. Animádevos a ler.
Cada día deixarei o enlace a unha historia contada por Yvonne Dalorto ou Carol Read que dramatizan en Inglés as historias dunha forma moi expresiva e entretida. Cada conto vai ir acompañado dunhas sinxelas actividades de comprensión da lectura (que podedes facer de forma oral e comprobar os resultados porque tamén vos deixarei un enlace ás solucións) e dunha actividade relacionada coas manualidades.
Actividades Actividades Actividades Actividades
Solucións Solucións Solucións Solucións