Nutriescolas

Visita a panadería 6ºE.I.

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil foi camiñando ata a panadería "Artesanos Peyma". Alí aprenderon a facer pan e tiveron a oportunidade de meter as man na masa.

Obradoiro de Saúde Bucodental

Hoxe o alumando de cuarto participou nun obradoiro no que aprenderon sobre a importancia da saúde bucodental. 

 

Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite

Dende mañá martes día 23 de xaneiro e ata o día 5 de febreiro de 2024 procederase ao reparto de froita fresca ao alumnado de centro durante o período de lecer.
As froitas que se repartirán serán de tempada, atoparanse no seu grao óptimo de madurez de consumo e serán consumidas no seu estado natural, non podendo someterse a ningún procesamiento, incluído a elaboración de zume. A froita é unha fonte de nutrientes esenciais, vitaminas e minerais que contribúen ao crecemento, desenvolvemento e mantemento dunha boa saúde nos nenos. Consumir froitas regularmente non só promove un sistema inmunológico forte, senón que tamén favorece o rendemento cognitivo e axuda a manter niveis de enerxía estables ao longo do día.
Neste sentido, o colexio está comprometido en fomentar hábitos alimentarios saudables entre o alumnado. Para lograr isto de maneira efectiva, solicitamos a súa colaboración incidindo na importancia do consumo de froitas.

Prema na imaxe para coñecer un pouquiño mais sobre o programa:

Celebración Magosto 2023

Hoxe celebramos o magosto no centro. Festa de xogos e castañas!

 

ALMORZOS NO CEIP MANUEL RESPINO

*Prema na imaxe para descargala:

SAÚDE BUCODENTAL

O pasado 17 de marzo o alumnado de Educación Infantil participou nun obradoiro da man de persoal cualificado do Centro de Saúde da Rúa no que se levaron a cabo as seguintes actividdades: visionado dunha película, charla explicativa e un obradoiro de cepillado de dentes.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer