Vida activa e deportiva
1ª Xornada Escolar de Orientación XOGADE en Valdeorras (2024)
O mércores 19 o alumnado de 4º, 5º e 6º desprazouse ata o Aguillón para participar na 1ª Jornada Escolar de Orientación XOGADE en Valdeorras (2024) con alumnado doutros centros da contorna.
O alumnado de 4º e 5º fixo tres laberintos con diferentes mapas e nivéis en cada un. O alumnado de 6º fixo unha carrera de orientación. Podedes ver toda a información da Xornada e os tempos dos nosos nenos e nenas de 6º na seguiente ligazón: https://fegado.es/events/view/dymd0flrjkbt/
Promoción Hockey Herba
O venres 14 o centro participou nunha xornada de Promoción de Hockey Herba organizada pola Federación Galega de Hockey en colaboración co Concello.
O alumnado de 5º e 6º fixo unha camiñata ata o campo de fútbol do Aguillón onde practicaron o deporte e o alumnado de 3º e 4º, por mor da chuvia, participou no patio cuberto do centro.
Presentaciones Club Atletismo Rúa
O luns 10 e martes 11 o Club Atletismo Rúa desprazouse ata o colexio para ensinarlle ao alumnado diferentes disciplinas de atletismo. FIxeron unha presentación no ximnasio onde pudieron ver diferente material (jabalinas, balas, martillo, disco, etc) e despois pasamos ao patio para facer a parte práctica.
Tiro con arco co Club Arqueiros do Sil.
O venres 7 de xuño o Club Arqueiros do Sil desprazouse ata o centro a ensinarlles a tirar o alumnado de 5º de Primaria. Primeiro fixeron unha presentación teórica no ximnasio, despois ollaron como tiraban os monitores e finalmente puideron probar a tirar varias frechas.
Excursión final de etapa de 6º a Madrid
Dende o martes 21 ao venres 24 de maio o alumnado de 6º desprazouse a Madrid como excursión de final de curso e de etapa. Alí esforzaronse nun parque de aventura en Cercedilla, visitaron o Zoo Aquarium e o Parque Europa, subiron a atraccións no Parque Warner e o último día visitaron o Bernabeu, o Museo de Cera e o Parque do Retiro. Ademáis, compartiron a experiencia con alumnado do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá.
All about American Football
A semana pasada o noso auxiliar de inglés Brad, captou a atención do alumnado cunha demostración de fútbol americano. Brad é dos Estados Unidos, e está moi orgulloso de poder compartir parte da súa cultura co noso centro educativo. O alumnado aprendeu as normas, a historia e a importancia deste deporte nos Estados Unidos.
Xogando co Atletismo
O xoves 14 de marzo parte do alumnado de cuarto foi ata Ourense a participar nunha xornada provincial de Xogando co atletismo na pista de Expourense.
Alí desfrutaron dunha competición probando varias modalidades atléticas con alumnado doutros centros.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »