Covid-19
IMPORTANTE: DECLARACIÓN RESPONSABLE DE AUTOTEST POSITIVO
As persoas da comunidade educativa que sexan caso positivo en COVID-19 confirmado deberán acceder á seguinte páxina web: www.coronavirus.sergas.gal e cubrir os datos correspondentes do apartado “Declaración responsable de autotest positivo"
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
O pasado venres día 12 de novembro saiu publicada no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e os procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como centros privados concertados no curso 2021/22.
Segundo o exposto nesta orde, o alumnado destinatario será todo o alumnado matriculado nalgún dos niveis da Educación Primaria.
Non terá que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021- 2022.
Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal 2019).
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
O prazo para a presentación de solicitudes será desde o día 15 ata o día 26 de novembro de 2021, ambos os dous incluídos.
A solicitude será única para todos os fillos/as, irá acompañada da documentación á que se fai referencia no Artigo 9 da mencionada con anterioridade orde e presentaranse únicamente de forma presencial na secretaría do centro utilizando o formulario normalizado (anexoI) en horario de 09:20 horas a 10:00 horas ou de 10:45 horas a 11:30 horas con cita previa.
Corresponderá ao centro docente tramitar as solicitudes e realizar os demais actos de xestión.
Podense descargar todos os documentos nos seguintes enlaces: