COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

1ª Xornada Escolar de Orientación XOGADE en Valdeorras (2024)

O mércores 19 o alumnado de 4º, 5º e 6º desprazouse ata o Aguillón para participar na 1ª Jornada Escolar de Orientación XOGADE en Valdeorras (2024) con alumnado doutros centros da contorna.

O alumnado de 4º e 5º fixo tres laberintos con diferentes mapas e nivéis en cada un. O alumnado de 6º fixo unha carrera de orientación. Podedes ver toda a información da Xornada e os tempos dos nosos nenos e nenas de 6º na seguiente ligazón: https://fegado.es/events/view/dymd0flrjkbt/

 

Promoción Hockey Herba

O venres 14 o centro participou nunha xornada de Promoción de Hockey Herba organizada pola Federación Galega de Hockey en colaboración co Concello.

O alumnado de 5º e 6º fixo unha camiñata ata o campo de fútbol do Aguillón onde practicaron o deporte e o alumnado de 3º e 4º, por mor da chuvia, participou no patio cuberto do centro.

CONTACONTOS: "VEXO VEO XACOBEO"

Esta proposta didáctica xorde ao abeiro do Programa Vexo Veo Xacobeo e vai dirixida a alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación  primaria de centros educativos situados nos Camiños de Santiago en Galicia. Consta dun conxunto de actividades que mostran a riqueza do patrimonio cultural e  natural do Camiño de Santiago, e traballan os valores que o definen como son o esforzo, a solidariedade, a hospitalidade e o respecto das diferenzas.

Sendeirismo e scouts

O 28 de maio o alumando de 4º fixo unha ruta de sendeirismo dende o centro ata a Reza. Alí fixeron actividades de Scouts en inglés con Brad: recoñecemento e avistamente de paxaros, practicaron nós e recoñeceron e pintaron follas. Completamos a ruta cara o cole volvendo pola beira do río Sil.

 

Excursión final de etapa de 6º a Madrid

Dende o martes 21 ao venres 24 de maio o alumnado de 6º desprazouse a Madrid como excursión de final de curso e de etapa. Alí esforzaronse nun parque de aventura en Cercedilla, visitaron o Zoo Aquarium e o Parque Europa, subiron a atraccións no Parque Warner e o último día visitaron o Bernabeu, o Museo de Cera e o Parque do Retiro. Ademáis, compartiron a experiencia con alumnado do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá.

 

Presentación de Orientación do Club Pena Trevinca

Este pasado mércores 22 o Club Pena Trevinca acercouse o centro a ensinarlles ao alumnado de 4º e 5º o deporte de orientación. Fixeron unha presentación teórica no ximnasio e logo unha carrera de orientación con diferentes recorridos e dificultades no patio.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer