Transporte escolar
TRANSPORTE ESCOLAR
Ábrese o prazo ata o 15 de xullo de 2024 para a presentación de solicitudes de reserva de praza no transporte escolar do curso 2024-25. Podense recoller os impresos de solicitude no propio centro en horario de 10:00h. a 13:30h. ou ben descargalos premendo na imaxe:
AVISO PARA ALUMNADO DE LUDOTECA, COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR
Estimadas familias,
Para mellorar o grao de coordinación co servizo de Ludoteca ofertado polo Concello de A Rúa e que se leva a cabo nas instalacións do centro, comunicamos que no CEIP Manuel Respino non se atenderán recados que teñan que ver coa ausencia dos seus fillos/as a este servizo. Os pais/nais/titores legais do alumnado usuario do servizo de Ludoteca deberán comunicar as súas ausencias ao persoal monitor da mesma. Unha vez comunicada a ausencia ao persoal monitor da Ludoteca, os pais/nais/titores legais ou persoas autorizadas poderán recoller aos seus fillos/as pola porta da Ludoteca unha vez finalizado o servizo de Transporte Escolar, ás 15:40. Recordamos tamén que os usuarios da Ludoteca deben facer un uso continuado do servizo.
Por outra parte, para mellorar a organización do centro, as ausencias do alumnado ao servizo de comdeor escolar deberán ser notificadas ao centro educativo chamando ao teléfono móbil do centro (653035336) ou ben a través do servizo de WhatsApp antes das 10:00 horas da mañá tal e como se recolle na lexislación vixente.
No caso de alumnado usuario do servizo de transporte escolar que non vaia facer uso do mesmo e vaia ser recollido polo seu pai/nai/titor legal ou persoa autorizada á saída do centro, tamén o deberán comunicar do mesmo xeito indicado con anterioridade antes das 10:00 horas da mañá.
Recalcamos que este tipo de comunicación se fará ao centro directamente, non a través do alumnado. O alumnado do centro usuario dos servizos complementarios de comedor escolar e transporte escolar deberán facer un uso continuado dos mesmo para non perder a súa condición de usuario lexítimo.
O Director
Emilio González López