Comedor

COMEDOR ESCOLAR 2024-2025

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2024-25. Podense recoller os impresos de solicitude no propio centro ou ben descargalos premendo na imaxe:

Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link:

https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

INSTRUCIÓN 1/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025 

COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR 24/25

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP MANUEL RESPINO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APAOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025

As nais, os país, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, deberán cubrir, asinar e reenviar a ficha de solicitude que aparece a continuación acompañada dunha fotocopia do DNI e un Certificado de Conta Bancaria (CCC) da persoa interesada en desempeñar as tarefas de colaborador do comedor escolar. A documentación requerida poderase entregar directamete no centro ata o día 19 de xullo de 2024 ou envíala escaneada ao correo electrónico do centro (ceip.manuel.respino@edu.xunta.gal). 

Ficha de solicitude colaborador/a do servizo de comedor

MENÚS 23-24

SETEMBRO 2023:

OUTUBRO 2023:

 

MENÚ NOVEMBRO 2023:

MENÚ DECEMBRO 2023:

 

MENÚ XANEIRO 2024:

 

MENÚ FEBREIRO 2024: 

 

MENÚ MARZO 2024:

 

MENÚ ABRIL 2024:

 

MENÚ MAIO 2024

 

MENÚ XUÑO 2024:

*Os menús programados poderanse ver modificados por incidencias puntuais cos proveedores.

**Prema en cada imaxe para descargar e imprimir o menú mensual.

 

PAGO A TRAVÉS DE ABALAR DO SERVIZO DE COMEDOR

Preséntase aos usuarios do servizo de comedor un tutorial explicativo sobre como efectuar o pago das taxas polo uso do servizo a través do espazoAbalar no seguinte enlace:

Vídeo tutorial y guía de uso actualizada para el pago telemático de la tasa por el uso del servicio de comedor

Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf.

Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer. O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

Pago telemático do servizo comedor a través da Axencia Tributaria

Tedes á vosa disposición un titorial descargable en pdf para facer o pago telemático do servizo de comedor a través da Axencia Tributaria no seguinte enlace:

PAGO TELEMÁTICO DO SERVIZO DE COMEDOR

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer