Polos creativos

OBRADOIRO MICROSOFT: "CONSTRUINDO O FUTURO"

O Día Internacional das Nenas nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) foi decidido en 2010 pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT),​ o organismo de Nacións Unidas especializado en telecomunicacións e ten como obxectivo alentar as vocacións tecnolóxicas nas nenas e rapazas, así como rebaixar a fenda dixital de xénero. Tamén alentar e motivar ás nenas para que participen en carreiras tecnolóxicas, tanto na formación regrada, como de maneira profesional, no ámbito do lecer ou outro tipo de actividades. Este foi precisamente o obxectivo do noso Obradoiro “Construíndo o futuro” levado acabo no día de hoxe, unha iniciativa MakeWhatsNext, que Microsoft lanzou en 2016 para fomentar as vocacións tecnolóxicas e científicas desde a infancia, dando visibilidade a referentes femininos de éxito e traballando pola diversidade e equidade na contorna laboral, con actividades de programación adaptadas ás distintas idades nas que os nenos e nenas puideron crear xogos e aplicacións utilizando Makecode.org ou Minecraft e coas que se axudou a espertar o interese polas disciplinas STEM, dunha forma atractiva e amena.

 

 

Nós tamén creamos!

O Proxecto "Nós tamén creamos!" tratase dun programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo que terá como produto final unha curtametraxe en galego coa técnica stop motion a partir dun álbum ilustrado.

Cos coñecementos adquiridos polo profesorado durante un obradoiro de formación nos meses de novembro, decembro e xaneiro, traballaranse co alumnado as diferentes fases da creación dunha curtametraxe de animación coa técnica stop motion: guión gráfico, personaxes, luz, efectos especiais, movemento, música e montaxe.

Aquí vos presentamos a nosa primeira fase do proxecto coa elección do album ilustrado e o diseño do guión gáfico polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:

 

6 DE FEBREIRO: DÍA DA INTERNET SEGURA

  O 6 de febreiro de 2024 celébrase en todo o mundo o Día da internet Segura.

O Día da internet Segura ou Safer Internet Day (SID) é un evento internacional organizado polas redes Insafe/INHOPE de Centros de Seguridade na internet en Europa, co apoio da Comisión Europea. Esta iniciativa realízase cada febreiro para promover o uso seguro e positivo da tecnoloxía, especialmente entre nenos, nenas, mozos e mozas. Así, millóns de persoas únense en todo o mundo para inspirar cambios positivos en liña, crear conciencia sobre os problemas de seguridade e participar en eventos e actividades. Desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), e como cada ano, únense á iniciativa internacional e celebran o #DíaDeInternetSegura con actividades para fomentar, entre nenos, novos e as súas contornas máis próximas, un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, promocionando as súas competencias nesta materia e axudándolles a ser respectuosos, críticos e creativos, en liña cos principios dixitais europeos.

Esta actividade levouse a cabo en dous obradoiros: un con alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria; e o outro, con alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer