EXPOSICIÓN 1ª VOLTA AO MUNDO - FERNANDO DE MAGALLANES (PABLO VI)

O alumnado e profesorado do CEIP Manuel Respino puidemos aprender sobre Fernando de Magallanes, Elcano e as cinco naos, e disfrutar cos diferentes obradoiros e videos sobre esta temática.

Queremos agradecer ao profesorado do Pablo VI que nos convidaran a ver esta fermosa exposición. Podedes ver a continuación un pequeno resumo en forma de fotos:

     

NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA VISITAN O MUNCYT E A DOMUS (A CORUÑA)

O pasado xoves 4 de abril, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron a cidade da Coruña acompañados polos mestres: Javio, Luisa, Silvia e Vicente e o coidador, Anxo.

En primeiro lugar, puideron ver as instalacións e exposicións no MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia Y Tecnología) onde había robots, un faro da Torre de Hércules, pezas de reloxos e outras cousas antigas. Pero, o que máis impresión causou foi a cabeceira do avión Lope de Vega, onde se transportou o cadro "Guernica" de Pablo Picasso, ao que puideron subir.

Máis tarde, fixemos diferentes experimentos con auga, terra, fariña, bicarbonate, betadine, vinagre... e aprendemos a distinguir unha mestura dunha reacción.

Logo, comemos todos xuntos no comedor.

Despois de comer visitamos a Domus. O que máis nos impresionou foron os latexos do corazón e o xogo de mover unha bóla coa mente.

Aquí deixamos algunhas fotos:

  

 

NENOS E NENAS DE 3º E 4º ASISTEN AO TEATRO

O alumnado de 3º e 4º de Primaria asisten ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro "Bon appétit" acompañados polas mestras Ana Isabel, Elena e Loli.

Aqui podedes ver algunhas fotos:

 

VISITA Á ALFARERÍA EN NIÑODAGUIA

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria tamén tiveron a ocasión de visitar unha alfarería en Niñodaguia.

Aqui podedes ver as fotos e este fantástico video:

VIDEO:


 

21 e 22 DE MARZO: SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Neste curso 2018-2019 os alumnos/as de 1º e 4º de Primaria plantaron un bidueiro.

Despois de facer un gran buraco, colocaron a árbore e puxéronlle un bo montón de terra arredor. Logo, regárono ben, xa que este tipo de árbore necesita moita cantidade de auga. É propio de lugares húmidos. Aquí podemos ver algunhas fotos:

  

 

21 de marzo: DIA SÍNDROME DE DOWN

Para conmemorar este día soltamos globos azuis e amarelos e fixemos un gran corro, ademais de decorar o centro para a ocasión.

Feliz Día do Síndrome de Down!

 

DÍA FESTIVO :19 MARZO DÍA DO PAI

Informamos a toda a Comunidade Educativa que o MARTES 19 DE MARZO (Día do Pai) é día festivo na COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA e polo tanto é Día non lectivo e non haberá clases. 

SEMANA DA PRENSA

Para celebrar a semana da prensa, aproveitamos para facer unha exposición das revistas escolares de centros educativos de Valdeorras.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Do día 11 ao 15 de marzo de 2019 celebramos a conmemoración da semana da prensa.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer