IMPORTANTE! NOTAS INFORMATIVAS:
NOVAS:
COMPENSACIÓN A USUARIOS DO COMEDOR:
A consellaría devolve ás familias por cada neno 2,5€ (aos que non pagan) e 1,5€ (aos que pagan 1€) por cada día que non houbo comedor.
Se precisan axuda para realizar a solicitude, poden chamar ao 988310631, de 10 a 13 h
NOTAS 2º TRIMESTRE:
Infórmase ás familias que as cualificacións do segundo trimestre estarán dispoñibles a partires do venres 3 de abril na aplicación Abalar Móbil.
Para a avaliación deste 2º trimestre teranse en conta todas as actividades, controis, tarefas... realizadas ata o venres 13 de marzo.
Todas as actividades realizadas a partir desta data teñen carácter voluntario e non avaliables.
RECURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA - "LA CALESA" Y ORIENTACIÓN ANDÚJAR- PARA IMPRIMIR:
1º PRIMARIA EN FAMILIA TAMBIEN SE APRENDE
2º PRIMARIA EN FAMILIA TAMBIEN SE APRENDE
3º PRIMARIA EN FAMILIA TAMBIEN SE APRENDE
4º PRIMARIA EN FAMILIA TAMBIEN SE APRENDE
ACTIVIDADES PARA O PERÍODO AFECTADO POLO CORONAVIRUS:
As actividades que a continuación se adxuntan terán a consideración de VOLUNTARIAS e NON SON AVALIABLES.
As actividades preséntanse en formato PDF ou Word xa preparados para poder imprimir ou copiar no caderno. Tamén se envía enlace para poder acceder a actividades interactivas (xogos educativos).
Para calquera consulta poden contactar con nós no correo electrónico do centro: ceip.manuel.respino@edu.xunta.gal
Dado que, en principio, a suspensión da actividade lectiva é para 14 días e descoñecemos a data exacta de reincorporación ás aulas, este Claustro decidiu pospoñer a segunda avaliación e a entrega de notas ata o reinicio das clases.
ACTIVIDADES POR CURSOS:
EDUCACIÓN INFANTIL:
APOIO: ACTIVIDADES
EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA. ACTIVIDADES
- 2º EDUCACIÓN PRIMARIA. ACTIVIDADES
- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA. ACTIVIDADES
- 4º EDUCACIÓN PRIMARIA. ACTIVIDADES
- 5º EDUCACIÓN PRIMARIA. ACTIVIDADES
- 6º EDUCACIÓN PRIMARIA. ACTIVIDADES - FRANCÉS
- ACTIVIDADES INGLÉS (TEACHER PAULA)
- MÚSICA
- RELIXIÓN
ACTIVIDADES INTERACTIVAS :
PODEMOS ACCEDER A CONTIDOS AUDIOVISUAIS EN TV2 E CLAN NO SEGUINTE HORARIO:
ACTIVIDADES : APRENDO EN CASA
- CONTO: ROSA CONTRA EL VIRUS
DESCARGA GRATIS CADERNOS DE ORTOGRAFÍA (MOSTRAS)
MÁIS RECURSOS:
Repositorio de contidos Abalar
LINGUA GALEGA: INFANTIL - PRIMARIA
FOTOS FESTIVAL DE NADAL
Un ano máis celebramos a Semana de Nadal con diferentes actuacións:
O luns visitamos o Centro de Día da nosa localidade e tivemos a ocasión de compartir panxoliñas cos nosos maiores.
O martes tamén puidemos cantarlle as nosas panxoliñas aos maiores da Residencia Nosa Señora de Fátima.
E xa o xoves e venres actuamos no Salón de Actos do noso centro.
Aquí deixamos algunhas fotos para ver unha pequena escolma das actuacións do noso alumnado (teatro, bailes, panxoliñas e moitas outras sorpresas):
BO NADAL!!
Desde o CEIP Manuel Respino queremos felicitar a toda a Comunidade Educativa que teñades un moi Bo Nadal e unhas felices festas.
A postal gañadora deste ano é a de Lola de 5º de Primaria.
MAGOSTO 2019:
Pero como non todo iba ser comer, primeiro levamos a cabo varios xogos populares con castañas. Máis tarde, vendo que o tempo non acompañaba,entramos ó comedor onde desfrutamos duns bolos preñados, castañas e un chocolate quentiño.
Desfrutade das nosas fotos:
MAGOSTO 2019:
Informamos a todas as familias que o próximo luns 11 de novembro celebraremos o magosto no noso centro. Por este motivo queremos pedir a vosa colaboración unha vez máis aportando unha presada de castañas con un corte feito.
Durante este día tamén levaremos a cabo xogos tradicionais onde as protagonistas, ademais das nosas nenas e nenos, tamén serán as castañas.
SAMAÍN 2019:
Un ano máis celebramos o Samaín no noso centro con diferentes actividades:
- Decorando cabazas e vasoiras.
- Ambientación do centro.
- Túnel do terror e visionado de curtos de medo.
- Elaboración de lambetadas con figuras moi orixinais elaboradas polas familias.
Iremos subindo fotos ao longo dos vindeiros días:
APRENDEMOS SOBRE HIXIENE BUCODENTAL
Os nenos e nenas do CEIP Manuel Respino recibiron unha charla sobre hixiene bucodental por parte de Yolanda Fernández, hixienista dental do SERGAS no Barco de Valdeorras.
Durante a súa charla aos máis pequenos, Fernández ensinou aos nenos a importancia de manter os dentes nun estado óptimo de saúde así como a forma correcta de lavalos e os diferentes alimentos que poden ser perxudiciais á larga coma os doces, lambetadas, bollería industrial ou incluso algúns lácteos. Neste apartado a hixienista incidiu en que diversos produtos que se anuncian sen azucre si o teñen.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »