BO NADAL E FELICES FESTAS!!!

POSTAL GAÑADORA DO CURSO 2018-2019:

 

http://picasion.com/
AUTOR: JAVIER ANIEVAS (3º EDUCACIÓN PRIMARIA)

CESTAS DE NADAL 2018:

CESTAS DE NADAL E NÚMEROS GAÑADORES:

 

1º PREMIO: Nº 310

2º PREMIO: Nº 605

3º PREMIO: Nº 711

Magosto 2018

O venres 9 de novembro celebramos o magosto no noso centro.

Foi un día no que o pasamos moi ben con diferentes actividades: actividades interactivas na pizarra dixital, xogos tradicionais con castañas coa colaboración do especialista en EF e todo o profesorado do centro; e un xantar popular no patio composto de ricas empanadas de carne e atún, bolos preñados, castañas asadas e mazás.

Queremos agradecer unha vez máis a colaboración de Agustín, o noso conserxe, quen nos asou as castañas; e a colaboración voluntaria dos papás e mamás que nos axudaron na organización deste evento.

Tamén agradecer a presenza dos nenos e nenas da gardería, acompañados polas súas educadoras e coidadoras.

A continuación, amosamos unha pequena escolma de fotos deste día:

 

  

  

VIDEO "O SAMAÍN" by TELEMIÑO

Este video é un pequeno resumo da festividade en Orense e, concretamente, no CEIP Manuel Respino. É un pequeno adianto do que será o video completo.

 

DIA NON LECTIVO:

Informamos a toda a Comunidade Educativa que tanto o xoves 1 de novembro (Día de Todos os Santos) como o 2 de novembro (Día non lectivo escollido polo centro) non haberá clases. 

Samaín 2018:

Un ano máis na última semana do mes de outubro celebramos o Samaín no noso centro con divertidas e terroríficas actividades.

Comezamos decorando o noso centro con diferentes murais e manualidades. E sobre todo, coas cabazas e vasoiras que prepararon os nenos e nenas coa colaboración das súas familias.

 

En primeiro lugar, temos que dar as grazas a todas esas familias que colaboraron cunhas merendas terroríficas que estaban moi ricas. E tamén a colaboración no noso centro axudando a organizar as mesas, comidas e bebidas. Grazas de corazón!!

    

Foi tamén unha xornada moi motivante para o noso alumnado por varios motivos. Por un lado, o esperado túnel do terror, cheo de ruidos estranos e obxectos arrepiantes; e o visionado de cortos de medo na Biblioteca, ambientada para a ocasión. E, por outro lado, a visita das compañeiras de Telemiño e o xornal "La Región" que entrevistaron a profes e cativos sobre esta conmemoración. (Atentos á páxina web onde informaremos cando sae o artigo no xornal).

  

Logo, no patio, cantamos entre todos a canción do Samaín e os nenos e nenas de 4º de Primaria representaron o baile zombie: "This is Halloween". Rematamos comendo esas terroríficas merendas e cun gran baile. Pasámolo xenial!!!

 

 

Benvidos/as ao curso 2018-2019:

Queremos dar a benvida a toda a Comunidade Educativa recordándolle que as clases comezarán este mércores 12 de setembro.

O horario neste mes será de 9:30h a 14:30h. Servizo de comedor: 14:30h a 15:30h.

Este mércores 12 de 9:30h a 10h os pais e nais do noso alumnado poderá subir os materiais e libros das suas fillas e fillos á aula acompañados polos seus titores e titoras.

A partir das 10h subirán os nenos e nenas á aula.

Feliz curso 2018-2019!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer