Magosto 2018

O venres 9 de novembro celebramos o magosto no noso centro.

Foi un día no que o pasamos moi ben con diferentes actividades: actividades interactivas na pizarra dixital, xogos tradicionais con castañas coa colaboración do especialista en EF e todo o profesorado do centro; e un xantar popular no patio composto de ricas empanadas de carne e atún, bolos preñados, castañas asadas e mazás.

Queremos agradecer unha vez máis a colaboración de Agustín, o noso conserxe, quen nos asou as castañas; e a colaboración voluntaria dos papás e mamás que nos axudaron na organización deste evento.

Tamén agradecer a presenza dos nenos e nenas da gardería, acompañados polas súas educadoras e coidadoras.

A continuación, amosamos unha pequena escolma de fotos deste día:

 

  

  

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer